Solapas principales

O Distrito 13 17 pecha o mes de maio cunha FoliQuedada

Martes, 19 de mayo de 2026

O proxecto xuvenil Distrito 13 17 organiza o vindeiro sábado, 23 de maio, unha FoliQuedada. A actividade, que ten un carácter lúdico e integrador, arrancará ás 19.00 horas no anexo do pavillón municipal do Milladoiro. Podes anotarte na seguinte ligazón. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484. Podes consultar toda a programación na seguinte ligazón.

O Club Xuvenil de Ames, Distrito 13 17, regresa o próximo sábado 23 de maio cunha FoliQuedada no anexo do pavillón municipal do Milladoiro. Dende as 19.00 e ata as 21.00 horas, os rapaces e rapazas participantes gozarán dun concurso musical no que poñer a proba as súas habilidades e coñecemento. Esta actividade arredor da música contará con xogos, retos e moita música para gozar en equipo e pasalo en grande, pero, sobre todo, para perder a vergoña e dalo todo.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden inscribirse mediante este formulario dixital ou a través do código QR da cartelaría antes do xoves previo á actividade. Cabe destacar que cada actividade é independente das demais, polo que anotarse nunha non é vinculante co resto. Para calquera dúbida, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484. 

Convivencia no mes de xuño
Para o mes de xuño o Distrito 13 17 está a preparar unha convivencia para toda a mocidade, que terá lugar os días 19 e 20. No formulario de inscrición haberá un apartado para facer chegar o interese en participar, e así poder organizar a saída. Antes da actividade realizarase unha reunión informativa para explicar todos os detalles e resolver dúbidas.

O Distrito 13 17 pecha o mes de maio cunha FoliQuedada

Multimedia

  • O Distrito 13 17 pecha o mes de maio cunha FoliQuedada
  • O Distrito 13 17 pecha o mes de maio cunha FoliQuedada