- Tematica
O proxecto xuvenil Distrito 13 17 organiza o vindeiro sábado, 25 de abril, un Escape Room no Milladoiro. A actividade, que ten un carácter lúdico, arrancará ás 19.00 horas. Podes anotarte na seguinte ligazón. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484. Podes consultar toda a programación na seguinte ligazón.
O Club Xuvenil de Ames, Distrito 13 17, regresa o próximo sábado 25 de abril cunha nova actividade baseada nun Escape Room. Dende as 19.00 e ata as 21.00 horas, os rapaces e rapazas participarán nun xogo de carácter lúdico no que resolver enigmas e probas. A actividade celebrarase no Milladoiro.
Os e as participantes deberán resolver un misterio nun tempo previamente limitado. Para poder chegar ata o final, deberán realizar diferentes estratexias para solucionar enigmas, probas e demais crebacabezas. O obxectivo da proba é conseguir saír do espazo de xogo no menor tempo posible.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden inscribirse mediante este formulario dixital ou a través do código QR da cartelaría antes do xoves previo á actividade. Cabe destacar que cada actividade é independente das demais, polo que anotarse nunha non é vinculante co resto. Para calquera dúbida, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484.
Máis actividades en maio
Xa no mes de maio, o venres 8, o Distrito 13 17 volverá xuntarse para unha nova actividade baseada no cinema e que leva o nome de Cinemanía. Dende as 19.00 horas, en Bertamiráns, as persoas participantes atoparán un espazo de reunión e conversación arredor da sétima arte.
Distrito 13 17
Distrito 13 17 é un espazo activo, unha alternativa para que a xuventude do concello entre os 13 e os 17 anos (2013-2008) se coñeza e estableza nexos de unión e relacións sas, e onde a mocidade sexa a verdadeira protagonista do seu lecer. Cada encontro será unha oportunidade para expresarse, compartir, aprender e construír grupo, sempre nun ambiente seguro, respectuoso e participativo.






