Solapas principales

O Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia visita ao alumnado do programa integrado de Ames e Brión e do obradoiro RenovAmes-Brión III

Viernes, 24 de julio de 2020

Esta mañá o Director Xeral de Orientación e Promoción laboral da Xunta de Galicia, Pablo Casal Espido, visitou xunto á concelleira de Promoción Económica do Concello de Ames, Ana Belén Paz, e o primeiro tenente de alcalde do Concello de Brión, Pablo Lago Sanmartín, ao alumnado do programa integrado de Ames e Brión e do obradoiro RenovAmes-Brión III. Na visita tamén participaron os Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) do Concello de Ames, Juan Carlos Carreja, e do Concello de Brión, Dora Vieiro, e mailos técnicos do programa integrado de emprego, Pablo Bello e María Lloves.

O alumnado do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión está recibindo formación de xeito presencial. Despois de varias semanas recibindo teleformación, debido ao estado de alarma declarado polo Goberno do Estado pola crise sanitaria da Covid-19, os alumnos e alumnas que participan neste programa retomaron a formación presencial.

Cómpre lembrar que os Concellos de Ames e Brión están levando a cabo o programa integrado de emprego Ames e Brión 2019-2020, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Nesta edición, participan 100 persoas, 85 persoas desempregadas menores de 30 anos e 15 persoas desempregadas maiores de 45 anos, dos concellos de Ames e Brión.

Para continuar coa actividade durante o estado de alarma contratouse o servizo de subministración dunha plataforma de teleformación, a través da cal se impartiron cursos formativos para o alumnado e formación ao persoal do proxecto. Na actualidade, o alumando do programa integrado retomou a formación presencial participando en diferentes cursos formativos.

Para ver de primeira man como se está desenvolvendo o programa integrado e mailo o obradoiro RenovAmes-Brión III, esta mañá o Director Xeral de Orientación e Promoción laboral da Xunta de Galicia, Pablo Casal Espido, visitou xunto á concelleira de Promoción Económica do Concello de Ames, Ana Belén Paz, e o primeiro tenente de alcalde do Concello de Brión, Pablo Lago Sanmartín, ao alumnado que participa nestes programas formativos. Na visita tamén participaron os Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) do Concello de Ames, Juan Carlos Carreja, e do Concello de Brión, Dora Vieiro, e mailos técnicos do programa integrado de emprego, Pablo Bello e María Lloves.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “estes programas xa se converteron nunha referencia para o Concello de Ames en materia de promoción do emprego. Na actualidade o alumnado retomou a formación presencial, polo que tanto o programa de emprego como o obradoiro estanse desenvolvendo con normalidade. Agradecer a visita do Director Xeral de Orientación e Promoción laboral da Xunta de Galicia e o interese mostrado”.

Obradoiro RenovAmes-Brión III
Esta mañá tamén se visitou ao alumnado que participa na terceira edición do obradoiro de emprego dual Renova Ames-Brión III. Este obradoiro conta con 20 alumnos/as traballadores/as (15 de Ames e 5 de Brión). O alumnado dedícase á instalación e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas en edificios municipais de Ames e Brión.

O alumnado traballador está contratado, baixo a modalidade de contrato para a formación e o aprendizaxe, coas particularidades que establece a disposición adicional primeira do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e o aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, e perciben as retribucións que lle corresponden conforme á normativa vixente. Ademais, contratáronse a 5 persoas que forman o equipo que dirixe dito obradoiro (1 director/a, 2 mestres/as, 1 titor/a orientador/a e 1 auxiliar administrativo).

O obradoiro Renova Ames-Brión III ten como obxecto a cualificación e inserción profesional de persoas desempregadas, mediante a formación e a práctica profesional no certificado de profesionalidade Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, ENAE 0108 de nivel 2. Na actualidade, o alumnado de dito obradoiro está realizando accións de formación en taller e formación teórica.

Imaxe da visita ao alumnado do programa integrado de Ames e Brión e do obradoiro RenovAmes-Brión III

Multimedia

  • Imaxe da visita ao alumnado do programa integrado de Ames e Brión e do obradoiro RenovAmes-Brión III
  • Imaxe da visita ao alumnado do programa integrado de Ames e Brión e do obradoiro RenovAmes-Brión III
  • Imaxe da visita ao alumnado do programa integrado de Ames e Brión e do obradoiro RenovAmes-Brión III