Solapas principales

O Concello lanza a campaña “É hora de sumar” para axudar ás persoas maiores ou en situación de vulnerabilidade que vivan soas

Martes, 17 de marzo de 2020

Debido ao estado de alarma declarado polo Goberno do Estado, dende a Concellaría de Benestar Social acaban de poñer en marcha medidas especiais. Unha delas é a campaña “Ë hora de sumar” que pretende axudar ás persoas maiores ou en situación de vulnerabilidade que vivan soas Ademais, o servizo municipal de transporte adaptado ponse a disposición de todas as persoas soas e/ou con dificultades de mobilidade para acercarse aos servizos sanitarios inescusables, facer compra, ir a farmacia, etc.

A concelleira de Benestar Social, Luisa Feijóo, explica que “somos conscientes de que os nosos maiores neste momento son unha poboación moi vulnerable. Por iso dende o departamento de Benestar Social e Voluntariado poñemos en marcha un servizo de atención a persoa maiores e/ou en situación de vulnerabilidade que viven soas. Este servizo consiste tanto nun acompañamento telefónico como para compras básicas como comprarlle alimentos, medicamentos...”.
 
Este servizo estará coordinado polo departamento de Voluntariado. Os usuarios/as que o precisen poderán facer uso da psicóloga municipal. Ademais, o persoal do departamento atenderá ás necesidades que demande a poboación amesá.
 
Calquera persoa que precise do servizo ou que coñeza a alguén nesta situación pode chamar aos teléfonos 981 535 941 / 981 890 964 / 662 377 044, en horario de 9:00h ás 14:00 horas, ou por correo electrónico voluntariado@concellodeames.gal.
 
Servizo municipal de transporte adaptado
Ademais, o servizo municipal de transporte adaptado ponse a disposición de todas as persoas soas e/ou con dificultades de mobilidade para acercarse aos servizos sanitarios inescusables, facer compra, ir a farmacia, etc. Para facer uso de dito servizo hai que chamar ao número de teléfono 900 204 000.
 
Hai que lembrar que dende o departamento de Benestar Social séguese traballando e atendendo á veciñanza amesá por teléfono e de xeito telemático. A atención ao público faise nos números de teléfono: 981 535 941 e 981 890 964, en horario de 9:00h a 14:00 horas, e nas direccións de correo: servizos_sociaismilla@concellodeames.gal e servizos_sociaisberta@concellodeames.gal.
 
O Centro de información a Muller está dispoñible nos números de teléfono 662 371 392 e 672 234 680 e no enderezo de correo electrónico cim@concellodeames.gal. Para as urxencias establecerase atención presencial sempre con cita previa.
Cartel da campaña É hora de sumar

Multimedia

  • Cartel do servizo de transporte adaptado