Solapas principales

O Concello finaliza a entrega dos equipos de trampeo para as velutinas e anima á veciñanza a continuar a través de medios caseiros

Miércoles, 31 de marzo de 2021

A Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Rural informa do remate da campaña de mitigación da presenza e expansión da vespa velutina no concello de Ames. Tras a entrega de 300 equipos de trampeo en catro días, dende o Concello, a través dun vídeo que se pode ver premendo nesta ligazón, protagonizado polo propio concelleiro de Transición Ecolóxica, Manuel Lens, anímase á veciñanza a continuar co uso de trampas feitas manualmente para eliminar á velutina. Neste documento pódese ler que é necesario.  Recórdase que, ante un niño deste insecto, débese chamar ao 012.

200 equipos de trampeo entregados aos veciños e veciñas de Ames en dous días. O éxito de participación na “Campaña de mitigación da presenza e expansión da vespa velutina no concello de Ames” obrigou á A Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Rural a solicitar outras 100 trampas máis que se esgotaron en dous días.

Tras ver a necesidade que o/as habitantes de Ames teñen de eliminar á velutina das súas fincas, o Concello anima á veciñanza, a través dun vídeo que podes ver premendo nesta ligazón, protagonizado polo propio concelleiro de Transición Ecolóxica, Manuel Lens, a continuar co uso de trampas feitas manualmente ata o mes de xuño. A captura do maior número de raíñas posible no inicio da primavera é fundamental. É neste tempo cando comenza a construción de niños primarios e as raíñas buscan de por si o alimento.

Neste documento pódense ler as recomendacións que deu Lolo Andrade nas charlas impartidas no concello de Ames para a Mitigación do dano da Vespa velutina. Neste informe explícase que obxectos se precisan e cal é a receita para facer unha trampa manualmente.

Manuel Lens, concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Rural asegurou que: “Vímonos sorprendidos dende un primeiro momento pola gran demanda de peticións de equipos de trampeo. Dende a Concellaría animamos a que, a veciñanza a teña fincas, xardíns ou leiras, continúe o trampeo. Esta é a única forma que teremos de reducir os efectos que a praga da velutina causa na nosa vida cotiá”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Caña a la velutina: se entregaron trescientas trampas en cuatro días"

Vídeo Velutina.
Descargas: 

Multimedia

  • Vídeo Velutina.
  • Embedded thumbnail for