Solapas principales

O Concello executa obras na Galiña Azul do Milladoiro por valor de máis de 6.000 euros

Jueves, 21 de octubre de 2021

O patio da Escola Infantil A Galiña Azul de Milladoiro vén de ser arranxado pola concellaría de Educación de Ames que investiu máis de 6.000 euros en retirar as lousas de caucho deterioradas, repoñer terra vexetal e céspede, e reparar o sistema de rego.

As obras realizáronse todas no patio exterior da Escola. Retiráronse as lousas de caucho que estaban deterioradas, subministrouse  terra vexetal e de formación de céspede, reparouse o sistema de rego repúxose area no areeiro. O valor total das obras executadas ascende a 6.283,35 euros (con IVE).  

"A concellaría de educación realizou estas actuacións necesarias de reparación e mantemento do patio exterior por un importe superior aos 6.000€, de conformidade co convenio asinado co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, para o co financiamento da Rede de Escolas Infantís Galiña Azul do Milladoiro", manifesta o concelleiro de Educación, David Santomil.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "A Galiña Azul do Milladoiro mellora o seu patio grazas ao Concello"

Compostela 24 Horas: "Ames executa obras na Galiña Azul do Milladoiro por valor de máis de 6.000 euros"

O Concello executa obras na Galiña Azul do Milladoiro por valor de máis de 6.000 euros

Multimedia

  • Obras Galiña Azul
  • Obras Galiña Azul
  • O Concello executa obras na Galiña Azul do Milladoiro por valor de máis de 6.000 euros