Solapas principales

O Concello e a Deputación van investir preto de 80.000 euros para o acondicionamento e mellora térmica da cuberta e fachadas da escola infantil municipal O Bosque

Jueves, 11 de febrero de 2021

O Concello de Ames, en colaboración coa Deputación provincial da Coruña, vai realizar obras de mellora térmica da cuberta e fachadas da escola infantil municipal O Bosque, situada na localidade de Bertamiráns. Este actuación, que ten un orzamento de 78.920,40 euros, dos cales o organismo provincial achega 52.000 euros e o Concello de Ames pon o importe restante, 26.920,40 euros. Esta semana o Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación aprobou o proxecto técnico, unha vez atendidos os diferentes requirimentos de documentación. O seguinte paso será aprobar a modificación do proxecto no Pleno municipal e asinar o convenio coa Deputación da Coruña para licitar as obras e poder executalas o antes posible.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, está a traballar para mellorar o edificio da escola infantil municipal O Bosque, situada en Bertamiráns. Dita edificación está composta por un conxunto modular de 11 unidades, con estrutura metálica autoportante realizada mediante chapas e perfís conformados en frío, con largos comprendidos entre 6.00 e 7.90 metros, unha anchura de 2.44 metros e cunha altura de 2.90 metros.

A unión do conxunto modular coa base de cimentación é apoiada. A cuberta está formada por un panel sándwich de chapa grecada galvanizada a dúas augas cara os lados cortos, con illamento de la de vidro de espesor 100mm. Os paramentos de fachada están compostos por paneis sándwich de 40 mm de espesor. Actualmente preséntanse problemas de estanqueidade en cuberta así como filtracións de auga pola súa base nas zonas onde se atopa a rentes co pavimento existente.

A finalidade das obras que se pretenden executar é deter o deterioro ao que se atopa sometida a cuberta da edificación existente, mellorando a eficiencia enerxética da mesma. Ao mesmo tempo, plantéxase unha nova envolvente que mellore o comportamento térmico do mesmo. Terá lugar un leve aumento da altura da cuberta dado a solución proposta, respectando a normativa vixente e os parámetros que establece o PXOM do Concello de Ames.

Obras para evitar posibles filtracións de auga
O proxecto inclúe a mellora térmica da cuberta e fachadas dos módulos da parte traseira da escola, para evitar posibles filtracións de auga e maila mellora das condicións térmicas destas instalacións. Para iso cóntase cun orzamento de 78.920,40 euros, dos cales o organismo provincial achega 52.000 euros e o Concello de Ames pon o importe restante, 26.920,40 euros.

Esta semana o Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación aprobou definitivamente o proxecto técnico. O seguinte paso será aprobar a modificación do proxecto no Pleno municipal e asinar o convenio coa Deputación da Coruña para licitar as obras e poder executar o antes posible. O proxecto foi redactado polo estudio Salgado e Liñares Arquitectura, con sede no concello de Ames.

O concelleiro de Educación, David Santomil, explica que "o obxectivo destas obras é acondicionar a cuberta e mailas fachadas desta escola infantil municipal e ao mesmo tempo mellorar tamén ás condicións térmicas do edificio. Estas obras poderanse realizar grazas á colaboración da Deputación da Coruña, que achega arredor do 65% do importe do orzamento do proxecto. O 35% restante do orzamento achegarao o Concello de Ames a través de fondos propios no Orzamento 2021".

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia:"Destinan 80.000 euros a mejorar la guardería de Bertamiráns"

El Correo Gallego: "Actúan por filtraciones y aislamientos en la escuela O Bosque de Bertamiráns"

Lindeiros: "Melloras na escola infantil O Bosque, de Ames"

Compostela 24 horas: "80.000 euros para obras de mellora na escola infantil municipal O Bosque"

Imaxe da escola infantil municipal O Bosque

Multimedia

  • Plano do proxecto da cuberta da escola infantil municipal O Bosque
  • Imaxe da cuberta da escola infantil municipal O Bosque