Solapas principales

O Concello de Ames solicita un cribado á Xerencia Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

Martes, 03 de agosto de 2021

O alcalde de Ames, Blas García, púxose en contacto coa Xerencia Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza para solicitar a instalación dun punto móbil para realizar un cribado entre os veciños do concello. O alcalde alega na súa solicitude a situación de restrición en que se atopa agora mesmo o concello e que son moitas as veciñas e os veciños que non recibiron a vacina e polo tanto non poden acceder ao interior dos locais da hostalaría. A carta envíase, precisamente, o día en que se coñeceu que o número de casos activos en Ames sobe a 197.

O sábado 31 de xullo o Concello de Ames pasou ao nivel alto de restricións. Esta nova situación esixe para acceder ao interior dos locais de hostalaría a presentación do certificado de vacinación coa pauta completa, acreditar unha proba negativa de Covid-19 nas últimas 72 horas, ou presentar un documento que garanta que o a persoa pasou a Covid-19 nos últimos seis meses. Ames é un dos concellos con máis xente nova de Galicia, e no cal aínda quedan moitas persoas por vacinar por iso o alcalde de Ames lle escribiu unha carta á Xerencia Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza solicitando un cribado. A proba redundaría, segundo Blas García, no beneficio dos veciños e veciñas do Concello de Ames e ao mesmo tempo nos locais de hostalaría, un dos sectores máis prexudicados pola crise da COVID-19.

A carta solicitando a instalación dun punto móbil para realizar un cribado enviouse precisamente o día en que a Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza informou de que o número de casos activos por Covid-19 en Ames subía a 197. O número de casos activos en Ames non deixou de medrar nas últimas semanas pasando en 15 días de 40 casos aos 197 rexistrados na actualidade. A situación epimediolóxicamotivou que o pasado 31 de xullo o Concello de Ames pasara ao nivel alto de restricións.

Novas relacionadas

Revista AmesGO: "O Concello de Ames pide un cribado á Xerencia da Área Sanitaria"

O Concello de Ames ten 197 casos activos de COVID-19