Solapas principales

O Concello de Ames recibe unha axuda de 15.000 euros para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2022

Lunes, 02 de mayo de 2022

O Concello de Ames recibirá unha axuda de 15.000 euros dentro da convocatoria posta en marcha pola Deputación da Coruña para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2022. No caso do Concello de Ames dita subvención destinarase ao mantemento de persoal técnico-deportivo.

A Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión das subvencións correspondentes ao programa FO106/2022: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2022. O Concello de Ames é un dos beneficiarios desta convocatoria cunha axuda de 15.000 euros para o mantemento de persoal técnico-deportivo.

O animador deportivo do Concello de Ames encárgase das seguintes tarefas:
−Asumir a posta en marcha de programas de animación deportiva.
−Incentivar a participación cidadá na actividade deportiva.
−Dinamizar e animar grupos e entidades deportivas.
−Estudio e valoración das demandas dos cidadáns no eido deportivo.
−Atender e apoiar aos grupos e entidades deportivas do concell.o
−Calquera outra propia do departamento no que se integra.

O Concello de Ames recibe unha axuda de 15.000 euros para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2022