Solapas principales

O Concello de Ames procede á suspensión de contratos de diferentes actividades municipais durante o estado de alarma

Miércoles, 01 de abril de 2020

O Concello de Ames decidiu o pasado 13 de marzo suspender, temporalmente e ata novo aviso, as actividades municipais deportivas, culturais, medioambientais, de ocio e demais programadas, como consecuencia da pandemia do Coronavirus. Debido a dita medida, a través de decreto de Alcaldía, tamén se suspenderon determinados contratos de servizos municipais nos que as prestacións resultan imposibles como consecuencia do COVID-19.

No transcurso dos días do estado de alarma, polos servizos responsables de certos contratos apreciouse a imposibilidade da prestación dos mesmos ante o peche de instalacións ou a imposibilidade de reconducir a outras formas de prestación as actividades programadas, de forma que se propuxo a suspensión de diferentes contratos. Deste xeito, suspéndense as actividades de English Today, reforzo educativo e monitor de tempo libre, xestionados e coordinados pola Concellaría de Mocidade.
 
Por outra banda, no transcurso dos días do estado de alarma, polos correspondentes servizos, apreciouse a imposibilidade da realizar determinadas prestacións municipais programadas, pero que carecen de cobertura contractual, propoñendo a suspensión das actividades de prevención, promoción saúde e dinamización de persoas maiores (programa Amessan); actividades formativas presenciais impartidas pola Aula CEMIT; e mailo programa Sanauga.
 
Premendo ao pé desta nova podes descargar os citados decretos de Alcaldía.
 
Imaxe da Casa do Concello