Solapas principales

O Concello de Ames presenta denuncia ante SEPRONA e a Policía Autonómica polo vertido no río Sar

Martes, 14 de octubre de 2025

O Concello de Ames presenta denuncia ante o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e a Policía Autonómica pola vertedura detectada nos últimos días no río Sar, que está a afectar aos municipios de Ames, Brión e Rois. Desde o goberno local non se descartan máis accións legais ou administrativas co obxectivo de garantir a asunción de responsabilidades e a reparación do dano ambiental causado.

Así mesmo, o Concello de Ames remitiu a Augas de Galicia, á Policía Autonómica e á Garda Civil un informe técnico elaborado por Augas de Ames, no que se detallan as observacións realizadas o pasado domingo, 12 de outubro, sobre o estado do río ao seu paso polo termo municipal. Ademais, reiterouse ante o ente autonómico a solicitude de información completa sobre a orixe e evolución da vertedura, ofrecendo de novo a colaboración do persoal técnico municipal para todas as actuacións necesarias.

Durante a xornada de hoxe, técnicos de Augas de Galicia comunicaron que a orixe das incidencias estaría relacionada cos traballos de posta en marcha da nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Santiago de Compostela, e enviaron unha comunicación escrita ao Concello de Santiago. Este, pola súa parte, informou de que a sociedade estatal Acuaes “notificou problemas na posta en servizo da primeira fase da EDAR e agarda que esta semana se normalicen os procesos”.

Informe técnico de Augas de Ames
Nas últimas semanas, Augas de Ames recibiu numerosas comunicacións de veciños e usuarios do núcleo urbano de Bertamiráns e da zona de Brión, alertando da presenza de malos olores persistentes e da aparición de espuma e turbidez anormal nas augas do río Sar.

O persoal técnico desprazouse á zona o pasado 12 de outubro, realizando inspeccións visuais en varios puntos do curso do río. As observacións indican que o caudal xa chega ao termo municipal de Ames con sinais evidentes de contaminación, polo que se considera que a orixe do vertido podería situarse río arriba, en dirección a Santiago de Compostela.

Durante as inspeccións non se detectaron vertidos directos procedentes da rede municipal nin das instalacións locais, descartándose por tanto que a contaminación teña a súa orixe en infraestruturas municipais.

Entre os efectos observados destacan a presenza de malos olores moi intensos, especialmente nas inmediacións do centro urbano de Bertamiráns, espuma e turbidez continua e anormal nas augas e mortaldade de fauna acuática, principalmente peixes e anguías.

Augas de Ames comunicou de inmediato a situación ás autoridades competentes en materia ambiental e de augas, co obxectivo de facilitar a identificación da orixe do vertido e promover a restauración da calidade do medio fluvial.

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "Las pruebas en la depuradora de Santiago, en Silvouta, causaron el vertido en el río Sar"

El Correo Gallego: "Ames y la Xunta exigen a Santiago que solucione los vertidos al Sar"

Diario de Compostela: "Ames denuncia ante el Seprona y la Policía Autonómica el vertido del Sar y exige responsabilidades"

O Concello de Ames presenta denuncia ante SEPRONA e a Policía Autonómica polo vertido no río Sar

Multimedia

  • O Concello de Ames presenta denuncia ante SEPRONA e a Policía Autonómica polo vertido no río Sar