Solapas principales

O Concello de Ames pon a disposición de Augas de Galicia os terreos necesarios para realizar a ampliación da EDAR de Sisalde

Sábado, 16 de enero de 2021

O Goberno municipal de Ames volve a solicitarlle a Auga de Galicia a redacción do proxecto para a ampliación da EDAR de Sisalde. Para elo o Concello de Ames pon a disposición de Augas de Galicia os terreos necesarios. Dita solicitude tamén se lle trasladou ao delegado provincial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor López, co que se reuniron esta mesma semana o alcalde de Ames, Jose Miñones, e mailo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García.

A EDAR de Sisalde presta servizo aos concellos de Ames e Brión. Dita depuradora, que está situada ao carón do río Sar, na parroquia de Ortoño, comezou a funcionar o 15 de marzo de 2001 e foi deseñada para atender a unha poboación de 10.400 habitantes. No ano 2007, a empresa concesionaria do Ciclo integral da auga de Ames, fixo un informe sobre o estado da EDAR de Sisalde no que dicía que se estaba prestando servizo a uns 18.000 habitantes. Isto supoña sobrepasar nun 80% á poboación inicial que estaba previsto atender. Posteriormente, no ano 2017, a empresa concesionaria volveu a facer un informe no que se indica que na actualidade a poboación á que está atendendo esta EDAR é de 23.500 habitantes. No devandito informe recóllese a necesidade urxente de construír unha nova EDAR.

Debido a ditas circunstancias dende o Goberno municipal de Ames creen que é necesario e urxente abordar a ampliación de dita EDAR. Para iso é necesario facer un proxecto no que se recolla a ampliación desta depuradora, para saber o investimento que habería que facer. Augas de Galicia recoñeceu a urxencia e necidade de ampliar esta estación depuradora e que xa tiña un compromiso no ano 2012 que non se levou a cabo. Para facer dita ampliación dende o Concello de Ames poñen a disposición de Augas de Galicia os terreos necesarios para poder executar o proxecto.

Dita solicitude tamén se lle trasladou ao delegado provincial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor López, co que se reuniron esta mesma semana o alcalde de Ames, Jose Miñones, e mailo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García. Informouse da situación actual da EDAR de Sisalde e da necesidade de ampliación desta infraestrutura, para o cal é necesaria a elaboración dun proxecto. Comentouse co delegado territorial que existe o compromiso de Augas de Galicia, pero que polo momento non se avanzou neste asunto.

O alcalde de Ames, José Miñones, indica que “a disposición do delegado territorial foi boa, xa que amosou interese pola ampliación da EDAR de Sisalde. Esta obra é moi necesaria porque está depuradora, que atende a usuarios e usuarias dos concellos de Ames e Brión, está moi por encima da súa capacidade, xa que foi creada para atender unha poboación de 10.400 habitantes”.

Por outra banda, o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, indicou que “dende hai varios anos vense falando da redacción do proxecto para a ampliación da EDAR de Sisalde porque esta planta está saturada, tal e como indican todos os informes técnicos redactados pola empresa concesionaria, os técnicos municipais e incluso os de de Augas de Galicia. É necesario que se redacte dito proxecto o antes posible, para poder abordar dita ampliación. Para iso o Concello pon a disposición de Augas de Galicia os terreos necesarios”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "SOS do concello de Ames para ampliar a Edar de Sisalde"

La Voz de Galicia: "Ames vuelve a solicitar a Augas de Galicia que amplíe la depuradora de Sisalde"

La Voz de Galicia: "La Xunta vincula el proyecto de la EDAR de Sisalde a que Ames y Brión mejoren el saneamiento"

EDAR de Sisalde