Solapas principales

O Concello de Ames participou no Encontro Internacional: O Vákner, un monstro do medievo no camiño de Fisterra e Muxía

Sábado, 26 de octubre de 2019

O concelleiro de Turismo, Manuel Lens, e maila técnica municipal de Turismo, Sonia Moure, participaron o pasado 18 de outubro no Encontro Internacional. O Vákner, un monstro do medievo no camiño de Fisterra e Muxía, celebrado no concello de Dumbría. Ames é un dos concellos polos que discorre o Camiño Real de Santiago a Fisterra-Muxía. Existe constancia deste monstro, O Vákner, grazas a un bispo de Armenia que peregrinou no século XV durante oito anos dende o seu país ata Fisterra. Este bispo deixou constancia da presenza dun monstro nos montes situados entre Compostela e Fisterra, ao que chamou O Vákner, e que asaltaba aos peregrinos.

O historiador e xornalista especializado no Camiño, Antón Pombo, di que os montes nos que o Vákner asaltaba ao peregrinos estaban situados no concello de Dumbría. Foi por iso que se elixiu o albergue de O Conco, en Dumbría, para albergar dito Encontro internacional, que xuntou a un numeroso grupo de expertos que trataron de esclarecer como era O Vákner.

Ames é un dos concellos polos que discorre o Camiño Real de Santiago a Fisterra-Muxía, polo que neste Encontro participaron o venres, 18 de outubro, o concelleiro de Turismo, Manuel Lens, e maila técnica municipal de Turismo, Sonia Moure.

Cecilia Pereira, Comisaria do Ano Santo 2021, foi a encargada de abrir o Encontro, xunto a Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña, e José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbria. O evento comezou coa presentación do proxecto Terras do Vákner e coa primeira proxección do audiovisual temático.

A continuación, Fernando Alonso Romero, catedrático xubilado de Filoloxía Inglesa na USC falou sobre O vákner, do “límite da terra e o mar”. Aurora Lestón Mayo, doutora en Filoloxía Inglesa, falou do medo que xerou este monstro. Ignacio Iñarrea las Heras, catedrático de Filoloxía Francesa na Universidade de La Rioja, contou o longo percorrido do Mártir bispo de Arzendjan e o seu curto encontro co Vákner. A xornada de mañá rematou coa intervención de Alfredo Eiras, director do Museo das Mariñas Betanzos, que falou do gótico galego na época.

Pola tarde, foi a quenda de Javier Castroviejo, ex director da Estación Biolóxica de Doñana (CSIC) e do programa MaB da Unesco, que impartiu unha charla sobre O lobo e maila inocencia ecolóxica. De seguido, Martiño Nercellas Méndez, biólogo, falou das encarnacións do Vákner e outras interpretación do que puido ser este animal grande e moi daniño.

A xornada da tarde do venres rematou cunha mesa redonda na que participaron Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do Pobo Galego; Francisco Singul Lorenzo, xefe do departamento de Cultura Xacobea da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo; e José Antonio De la Riera Autrán, fundador da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago.

O Concello de Ames participou no Encontro Internacional: O Vákner, un monstro do medievo no camiño de Fisterra e Muxía

Multimedia

  • O Concello de Ames participou no Encontro Internacional: O Vákner, un monstro do medievo no camiño de Fisterra e Muxía
  • O Concello de Ames participou no Encontro Internacional: O Vákner, un monstro do medievo no camiño de Fisterra e Muxía
  • O Concello de Ames participou no Encontro Internacional: O Vákner, un monstro do medievo no camiño de Fisterra e Muxía
  • O Concello de Ames participou no Encontro Internacional: O Vákner, un monstro do medievo no camiño de Fisterra e Muxía