Solapas principales

O Concello de Ames participa na II mostra de Galicia Etiqueta Calidade da Xunta de Galicia

Lunes, 31 de octubre de 2022

O pasado xoves, 27 de outubro, no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia organizou a II mostra de Galicia Etiqueta Calidade. Tratouse dunha sesión de colectividades onde se compartiron experiencias de diferentes iniciativas no sector de comedores de colectividades. En representación do Concello de Ames participou o concelleiro de Educación, David Santomil, para falar da Rede municipal de comedores escolares de Ames. A través de dito evento deuse a coñecer máis a fondo a campaña “Come Local” e a de “Comedores Responsables” postas en marcha pola Consellería do Medio Rural en colaboración  con Slow Food Compostela.

O concelleiro de Educación, David Santomil, participou nunha mesa redonda sobre Xantares colectivos responsables e de calidade, que estivo organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), en colaboración con Slow Food Compostela. Santomil falou sobre a Rede municipal de comedores escolares do Concello de Ames.

O faladoiro estivo moderado por Rocío García e xunto a David Santomil participaron:  Livia Barreiro, responsable de comedor do colexio de Palas, recentemente distinguido como Km0; Juan C. Ferreras, director do CFEA de Sergude, tamén comedor Km0; Juan José López Peña, director da residencia de maiores de Campolongo; Ofía Godoy do obradoiro Aboamigalla; Marta Álvarez de Sen Máis; e Miguel Fernández, técnico de Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que falou do proxecto Ecocomedores.

A mesa redonda estivo centrada na temática de “Xantares colectivos responsables e de calidade”. Estivo organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), en colaboración con Slow Food Compostela. Tratouse dunha sesión de colectividades onde se compartiron experiencias de diferentes iniciativas no sector de comedores de colectividades.  A través de dito evento deuse a coñecer máis a fondo a campaña “Come Local” e a de “Comedores Responsables” postas en marcha pola Consellería do Medio Rural en colaboración  con Slow Food Compostela.

O concelleiro de Educación, David Santomil, explica que “a participación de Ames en foros como Galicia Etiqueta Calidade é positiva para coñecer novos provedores de proximidade e dar a coñecer o modelo de xestión da Rede Municipal de comedores escolares. Seguimos a colaborar con Agacal e Slowfood Compostela para certificar os comedores como Km0, o que demostra nosa aposta pola calidade e a sustentabilidade”.

Comedor Escolar Km0
O Concello de Ames está traballando para acreditar os comedores escolares municipais como “Comedor Escolar Km 0”. Trátase dun proxecto organizado por Slow Food Compostela para facilitar o cambio da xestión dos comedores, de xeito que transmitan unha cultura agroalimentaria aos rapaces e rapazas dende pequenos.

Dende o ano 2015 o Concello de Ames está realizando un esforzo importante para incorporar novos produtos de proximidade, en particular produtos da horta, aos menús da Rede municipal de comedores escolares. Os comedores escolares municipais de Ames xa se sumaron en 2020 á primeira edición da campaña “Come Local”, promovida pola Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) en colaboración con Slow Food Compostela.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Una pequeña embajada de los alimentos de calidad gallegos"

O concelleiro de Educación, David Santomil, falou sobre a Rede municipal de comedores escolares do Concello de Ames

Multimedia

  • O concelleiro de Educación, David Santomil, falou sobre a Rede municipal de comedores escolares do Concello de Ames
  • O concelleiro de Educación, David Santomil, falou sobre a Rede municipal de comedores escolares do Concello de Ames
  • O concelleiro de Educación, David Santomil, falou sobre a Rede municipal de comedores escolares do Concello de Ames