Solapas principales

O Concello de Ames organiza unha xincana deportiva para a rapazada amesá

Miércoles, 21 de julio de 2021

A concellaría de Deportes organiza o I Rastrexo do Concello de Ames, unha xincana deportiva que terá lugar o sábado 7 de agosto no paseo Fluvial de Bertamiráns. As probas, que comezan ás 10 da mañá, vanse desenvolver ao longo de 4 quilómetros. O Rastrexo está destinado ás/os nenas/os maiores de 8 anos e conta con prazas limitadas. Para participar hai que escanear o código QR que aparece no cartel da actividade e cubrir a ficha de inscrición.

Seguir as pistas e superar as probas que se vaian atopando ao longo de 4 quilómetros é o reto que presenta a concellaría de Deportes para as rapazas e os rapaces de Ames. O I Rastresxo do Concello de Ames combina deporte e diversión para comezar o mes de agosto. A xincana vaise instalar o sábado 7 de agosto no paseo Fluvial de Bertamiráns. Dende as 10 da mañá os cativos e as cativas terán que percorrer as seis estacións repartidas ao longo de catro quilómetros para superar o rastrexo.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, confía en que “esta primeira experiencia sexa do agrado dos rapaces e rapazas e pasen unha xornada diferente e divertida, conxugando a práctica deportiva coa agudeza mental. Ademais, este primeiro Rastrexo desenvolverase no entorno do paseo fluvial, unha estupenda paraxe que seguro fará máis atractiva este novo reto”.

Están chamados a superar as probas os nenos e nenas maiores de 8 anos, para facelo teñen que formar equipos dun mínimo de 4 participantes e máximo de 8. Cada grupo debe contar ademais cun mínimo de dous adultos.

A actividade conta con prazas limitadas. Para participar hai que escanear o código QR que aparece no cartel da actividade e cubrir a ficha de inscrición.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "O deporte chega a Ames da man dunha xincana e un rastrexo para nenos"

O Concello de Ames organiza unha xincana deportiva

Multimedia

  • O Concello de Ames organiza unha xincana deportiva