Solapas principales

O Concello de Ames organiza o VI Día do Deporte o 27 de setembro

Martes, 24 de septiembre de 2024

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza por sexto ano consecutivo unha ampla oferta de actividades no Día do Deporte, que se celebrará este venres, 27 de setembro, na área deportiva do Milladoiro, de 16:30 a 20:00 horas. Ademais, haberá inchables para os máis pequenos. Todas as persoas interesadas en realizar un deporte, pero que aínda non saben por que disciplina decantarse, teñen a ocasión ideal de probar e escoller a que máis lles guste no Día do Deporte de Ames. Este evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, sinala que “un ano máis puxemos en marcha o Día do Deporte, unha iniciativa dirixida á veciñanza amesá de todas as idades, que poderá gozar de propostas deportivas para todos os gustos. A través desta xornada poñemos en valor a importancia de manterse activos e de realizar actividades saudables, e facemos fincapé no noso compromiso cos clubs do  concello”.

A veciñanza poderá gozar de actividades dirixidas como aerozumba, spinning ou baile moderno, así como de piragüismo, atletismo, xadrez, baloncesto, balonmano, fútbol sala, tenis, ximnasia rítmica, patinaxe, judo e taekwondo. As persoas que participen en seis desas actividades recibirán un agasallo na carpa de participación. Ademais, haberá inchables para os máis pequenos.

Trátase dunha xornada de actividades lúdicas que melloran a calidade de vida das persoas que practican estes deportes. Ademais, non só é beneficioso para pór en forma o corpo, senón tamén para prever enfermidades como as coronarias, e incrementar a autoestima e o optimismo. Todas as persoas interesadas en realizar un deporte, pero que aínda non saben por que disciplina decantarse, teñen a ocasión ideal de probar e escoller a que máis lles guste no Día do Deporte de Ames.

Actividades do VI Día do Deporte
A sexta edición do Día do Deporte terá lugar este venres, 27 de setembro, na área deportiva do Milladoiro. Haberá unha extensa oferta deportiva que se estenderá ao longo de tres horas e media, repartidas en horario de tarde, de 16:30 a 20:00 horas.

Deste xeito, haberá actividades dirixidas: aerozumba, spinning e baile moderno. Por outro lado, desenvolveranse actividades de atletismo e, na piscina descuberta, haberá piragüismo.

Tamén haberá xadrez, tenis, baloncesto e balonmano, así como fútbol sala, patinaxe, judo, taekwondo e ximnasia rítmica.  

Todas as persoas que participen en, polo menos, seis actividades, recibirán selos que lles permitirán recibir un agasallo na carpa de organización.

O Concello de Ames organiza o VI Día do Deporte o 27 de setembro

Multimedia

  • O Concello de Ames organiza o VI Día do Deporte o 27 de setembro
  • Programación do VI Día do Deporte