Solapas principales

O concello de Ames lembra as medidas do Plan de Hostalaría Segura

Miércoles, 03 de marzo de 2021

O Concello de Ames lembra as medidas do “Plan de Hostalería Segura” que pasan pola limitación do aforo ao 50%  nas terrazas e o 30% no interior dos establecementos, o respecto ás distancias mínimas de separación á hora de distribuír os espazos, a sinalización clara das mesas e cadeiras que non se poden utilizar, e a obrigatoriedade de obter un código QR personalizado para cada establecemento. 

O Concello de Ames informa das medidas establecidas no Plan de Hostalaría segura, entre as que se atopan as seguintes cuestións a ter en conta:

Sinalización clara das mesas e cadeiras que non poden ser utilizadas
Para facilitarlles ás persoas usuarias e traballadoras do establecemento o coñecemento e cumprimento das regras de capacidade e porcentaxe máxima de uso, así como para garantir as distancias mínimas de seguridade persoal, tanto no interior coma no exterior, as mesas e cadeiras montadas deberán corresponderse coas capacidades permitidas en condicións normais, e procederase a inutilizar, mediante bandas ou adhesivos, as mesas e cadeiras que sexa necesario de xeito que só se poidan utilizar as mesas e cadeiras correspondentes ás porcentaxes máximas de uso en cada momento. A distribución das mesas e cadeiras deberá respectar en todo momento as distancias mínimas de  separación previstas pola autoridade sanitaria.

Código QR personalizado para cada establecemento
A persoa titular do establecemento obterá un código QR na páxina web para que a través da aplicación da Xunta de Galicia Passcovid, os usuarios do establecemento poderán rexistrar a súa presenza nel mediante a captura do código QR, o cal axudará a detectar posibles concentracións de contaxios con maior rapidez. Esta obriga de obter un código QR personalizado, terán efectos a partir das 00.00 horas do día 5 de marzo de 2021.

Limitacións de aforo
Ademais disto, é preciso lembrar as limitacións de aforos neste momento que son do 50% en terrazas e 30% en interior, ou os horarios de peche, e por suposto a obriga que ter a máscara excepto no único momento de consumir non podendo sacala nos demais supostos.

O alcalde de Ames, José Miñones, manifesta "solicitamos de novo un esforzo do sector hostaleiro e dos usuarios e usuarias de bares, cafetarías e restaurante, para así manter un funcionamento seguro que garanta a continuidade do servizo, somos conscientes da complexidade de todas as medidas a adoptar, pero con elas acadaremos non dar pasos atrás".

Cartaz normas hostelería