Solapas principales

O Concello de Ames informa sobre as axudas ao aluguer para as persoas en situación de vulnerabilidade

Sábado, 18 de abril de 2020

O Concello de Ames informa das axudas ao aluguer da vivenda habitual para todas aquelas persoas que podan atoparse en situación de vulnerabilidade a consecuencia da crise do Covid-19. Ao pé desta nova podes atopar toda a información relativa a estas axudas. Asemade, todas as persoas interesadas en resolver calquera tipo de dúbeda ou solicitar máis información, pódeno facer a través dos Servizos Sociais do Concello, nos números de teléfono 981 535 941 (Milladoiro) e 981 890 964 (Bertamiráns). As empresas e autónomos pódeno facer poñéndose en contacto co Departamento de Promoción Económica, no número 669 024733.

As axudas ao aluguer xorden como resposta ás persoas que podan atoparse en situación de vulnerabilidade a consecuencia da situación actual xerada pola crise do Covid-19. Dende o Concello de Ames ponse a disposicións dos veciños e veciñas toda a información relativa a este tipo de axudas. Para a concelleira de Benestar Social, Luisa Feijoo, e importante que “os veciños e veciñas dispoñan de toda a información relativa a este tipo de axudas. Dende o Concello poñémonos a disposición desas perosas en situación de vulnerabilidade para que coñezan este tipo de axudas e resolvan as dúbedas que poidan ter ao respecto”.

Contratos de arrendamento
Concédese ao arrendatario ou arrendataria o dereito a solicitar unha prórroga de seis meses, nos que se segue aplicando o prezo e os demáis termos e condicións do contrato existente, cando o prazo mínimo ou a súa prórroga conforme ao previsto na Lei 29/1994 do 24 de novembro, venza no período entre o día 2 de abril de 2020 e os dous meses desde a finalización do estado de alarma. Esta prórroga débea solicitar a persoa inquilina e é de obrigada acpetación para o arrendador ou arrendadora, salvo acordo mútuo.

Moratoria no pago de débeda arrendaticia
Esta sección aplícase a persoas arrendatarias de vivenda habitual que estean en situación de vulnerabilidade económica por causa do Covid-19, entendendo que se esixen para iso diferentes requisitos: a persoa obrigada a pagar a renda pasou a estar desempregada ou viu reducido o seu emprego por un ERTE ou reducida a súa xornada por coidados, se é empresario/a, perdendo ingresos de forma que o conxunto da unidade familiar, no mes anterior ao da moratoria non alcanza os seguintes límites que se incrementan, en todos os casos, en 0,1 veces por cada fillo ou filla (0,15 veces se é familia monoparental) ou por cada persoa maior de 65 anos membro desa unidade familiar; a renda de aluguer máis os gastos de subministración básicas representan o 35% ou máis dos ingresos netos da unidade familiar; e a persoa que debe pagar a renda ou calquera dos membros da súa unidade familiar non teñen en propiedade nin usufructo unha vivenda en España, salvo excepcións derivadas de situacións de herdanza ou divoricio ou inaccesabilidade existindo persoas con discapacidade.

As persoas arrendatarias que reúnan a condición de vulnerables poden solicitar da parte arrendadora un aprazamento ou redución da renda, no prazo dun mes desde o 2 de abril de 2020, conforme as directrices que podes atopar na imaxe ao pé desta nova. Neste sentido, no caso de que o arrendador sexan grandes tenedores e empresas ou entidades públicas de vivenda, a moratoria será automática. No caso de que o arrendador sexa particular, establécese unha modificación excepcional e transitoria das condicións contractuais para todos aqueles arrendatarios en situación de vulnerabilidade. No caso de non chegar ao acordo co arrendador particular é cando se poderá solicitar o microcrédito Ico para o aluguer. Neste caso, se deben solicitar nas entidades financieiras que asinen o acordo co ICO, acordo que aínda non está asinado e, polo tanto, aínda non se poden solicitar nas entidades.

Igualmente, poderán participar no programa de cobertura financieira por conta do Estado; e acceder ao Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do Covid-19 nos alugueres de vivenda habitual, que se incorpora ao Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 regulado no Real Decreto 106/2018 de 9 de marzo.

Ao pé desta nova podes obter toda a información relativa destas axudas ao aluguer. Asemade, toda a xente interesada en solventar calquera dúbeda ou ter máis información, pode poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Ames nos números de teléfono 981 535 941 (Milladoiro) e 981 890 964 (Bertamiráns). As empresas e autónomos pódeno facer poñéndose en contacto co Departamento de Promoción Económica, no número 669 024733.

axudas aluguer

Multimedia

  • info axudas aluguer