Solapas principales

O Concello de Ames implanta a plataforma web Cronos para a xestión de actividades culturais e deportivas

Martes, 15 de diciembre de 2020

O Concello de Ames vén de implantar a plataforma web Cronos, que se pode empregar para a reserva de pistas deportivas (tenis e pádel), así como para a tramitación das inscricións nas Escolas deportivas e culturais. A dita plataforma pódese acceder a través dun banner que está colocado na cabeceira da web municipal. A plataforma Cronos, que está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do eixo 12 do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014/2020, enmárcase dentro do Plan Impulsa Ames da EDUSI. Para dar a coñecer dita aplicación web vaise organizar o vindeiro luns, 21 de decembro, ás 19.00 horas, unha xornada telemática que é aberta a toda a veciñanza que queira participar, así como ás entidades culturais e deportivas. Pódese participar no webinar a través desta canle: https://www.youtube.com/watch?v=8YMJVGrNfYE

O Concello de Ames está inmerso no desenvolvemento do Plan Impulsa Ames, que se enmarca dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI). Unha das actuacións que se executou foi o desenvolvemento do proxecto piloto de e-servizos, relativo ao programa informático de xestión de instalacións deportivas e culturais “Cronos”. Esta actuación, que está incluída na liña de actuación de implantación de e-administración e e-servizos, tivo un custo de 14.000 euros. A través de dita aplicación web pódese facer a reserva das pistas deportivas municipais (tenis e pádel) e maila tramitación das inscricións nas Escolas deportivas e culturais.

O Concello de Ames conta cun amplo e variado programa de actividades deportivas e culturais, ofrecendo arredor de 2.500 prazas nas Escolas deportivas e preto de 300 prazas para as Escolas culturais. Estas actividades gozan cun grande éxito de participación. Coa implantación do programa Cronos trátase de facilitarlles aos usuarios e usuarias o acceso ao programa das Escolas deportivas e culturais, así como ás instalacións deportivas.

Deste xeito, apóstase pola modernidade coa posta en marcha da plataforma Cronos, unha aplicación á se pode acceder a través dun banner que está colocado na cabeceira da web municipal. Proximamente tamén se poderá descargar unha APP do programa Cronos nos dispositivos móbiles para facer ditas xestións. Para dispor de máis información sobre a aplicación web de Cronos pódese consultar este folleto informativo. Outra opción é ver este vídeo explicativo que se elaborou sobre o programa Cronos.

Xornada telemática do programa Cronos
Para dar a coñecer dita aplicación web vaise organizar o vindeiro luns, 21 de decembro, ás 19.00 horas, unha xornada telemática que é aberta a toda a veciñanza que queira participar, así como ás entidades culturais e deportivas. Pódese participar no webinar a través desta canle: https://www.youtube.com/watch?v=8YMJVGrNfYE

En dita xornada participarán; Ángel Dueñas, da empresa i2A, que foi a encargada de implantar dito programa; o alcalde de Ames, Jose Miñones; a concelleira de Deportes, Susana Señorís; a concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González; o técnico de Deportes, Alberto Viaño; e maila técnica de Cultura, María Vázquez. Explicarán en que consiste dito programa e mailas vantaxes da súa implantación. Tamén haberá unha quenda de preguntas e consultas para todas as persoas que participen neste webinar, así como para as/os representantes das entidades culturais e deportivas ás que se vai invitar.

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "Ames estrena una plataforma para reservar instalaciones y matricularse en actividades deportivas y culturales"

Revista AmesGo: "A cultura e o deporte chegan a internet"

Cartel do programa Cronos

Multimedia

  • Folleto do programa Cronos
  • Folleto do programa Cronos
  • Embedded thumbnail for