Solapas principales

O Concello de Ames habilita dúas liñas gratuítas 900 de servizos sociais para Bertamiráns e O Milladoiro

Miércoles, 22 de abril de 2020

O Concello de Ames, a través do Departamento de Benestar Social, ven de habilitar dúas liñas gratuítas 900 de servizos sociais para Bertamiráns e O Milladoiro. Co ánimo de facilitar a comunicación co Concello, os usuarios e usuarias dispoñen desta opción máis directa, e de balde, para falar con Milladoiro ou Bertamiráns para citas, dúbidas ou consultas nestes momentos de difilcultade. Os número habilitados son o 900 101 569 para Bertamiráns e o 900 103 704 para O Milladoiro.

Dende o Concello de Ames deféndese a necesidade de ir adiantándose ás demandas que require esta situación excepcional que estamos a vivir e poder dar así resposta inmediata á veciñanza amesá. Nese sentido, estívose traballando nos últimos días na posta en funcionamento destas dúas liñas 900 de servizos sociais, para facilitar a comunicación dos usuarios e usuarias deste servizo para pedir citas, facer consultas ou clarexar dúbidas. Os número habilitados son o 900 101 569 para Bertamiráns e o 900 103 704 para O Milladoiro.

A concelleira de Benestar Social, Luisa Feijoo, destaca que esta “foi unha das iniciativas que se abordou no Comité de Emerxencia Social, que se constituiu co ánimo de dar cobertura ás demandas de primeira necesidade e para realizar unha xestión eficiente e eficaz das diferentes axudas municipais para o seu reforzo durante a crise do Covid-19. Estas dúas liñas gratuítas permitirán ter unha comunicación máis fluida cos usuarios e usuarias dos servizos sociais”.

Reparto de alimentos
Outro dos reforzos que se está a desenvolver durante o estado de alarma é o que atinxe ao reparto de alimentos entre as familias máis necesitadas do concello. Neste sentido, e ante o incremento nas demandas das familias, o Concello de Ames procedeu á compra de máis produtos con fondos municipais. Hoxe mércores procédese ao reparto en Bertamiráns e mañá xoves realizarase no Milladoiro.

Entre os alimentos e produtos que se están a repartir, figuran patacas, aceite, cacao, café, legumes (lentellas, fabas, garabanzos, xudías) verduras (guisantes, acelgas, espinacas) sardinillas, pasta, galletas, cereais, arroz, tomate frito, arroz, fariña ou azucre. Asemade, tamén se reparten produtos de hixiene como xel, champú, pasta dentífrica, cepillos de dentes, papel hixiénico, lixivia, compresas ou cueiros. Ademáis, continúase os venres co reparto de lotes saudables (froita, verdura, queixo, iogures) entre as familias con nenos e nenas en comedor escolar bonificados con informe social.

25 e-bonos de 60GB
Outra das medidas que adoptou o Concello de Ames foi a compra de 25 e-bonos de 60GB para as familias con menos recursos, co ánimo de favorecer así o acceso a internet neste momento de confinamento. Esta medida está enfocada, sobre todo, a que os nenos e nenas poidan continuar co curso escolar dende a casa.

liñas 900

Multimedia

  • cartaz liñas 900