Solapas principales

O Concello de Ames e a Plataforma Feminista teñen programados diversos actos para a conmemoración do Día Internacional de Eliminación de Violencia Contra as Mulleres

Viernes, 22 de noviembre de 2019

Despois dunha semana na que o Concello de Ames realizou varias accións ao abeiro da campaña Ames en Negro, co obxectivo de poñer na axenda pública a loita para rematar con todos os tipos de violencia de xénero, o próximo luns 25 de novembro celébrase o Día Internacional de Eliminación de Violencia Contra as Mulleres. A raíz disto, o Concello de Ames ten programados diversos actos para a súa conmemoración.

O próximo luns, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional de Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. Para a súa conmemoración, o Concello de Ames e a plataforma Feminista de Ames teñen programados diversos actos no Concello e animan a sumarse á concentración convocada ás 20.00 horas na Praza 8 de Marzo de Santiago de Compostela.

Desta maneira, ás 18.00 horas terá lugar na praza do Concello de Ames a lectura do manifesto, xunto co reparto de material entre os asistentes: pins, marca páxinas de madeira, bolsas de tea, libretas e camisolas. O obxectivo é tinguir a praza de negro en mostra de repulsa da veciñanza amesá á violencia de xénero.

Posteriormente, para animar á veciñanza a asistir á concentración que haberá ás 20.00 horas dese mesmo día na praza 8 de Marzo en Santiago de Compostela, ponse a disposición un autobús con saída e regreso ao Milladoiro e Bertamiráns. Para reservar praza é necesario inscribir un correo electrónico a pfeministaames@gmail.com. O prazo para facelo remata este sábado 23 de novembro.

Estas actividades para o 25 de novembro súmanse ás que xa se fixeron durante toda esta semana, nas que se incluíron vestir de loito todo o concello: escaparates, bares, instalacións deportivas, colexios e institutos... en definitiva, toda a cidadanía amesá, se encontraba de loito en sinal da dor que sofren todas as mulleres vítimas de violencia de xénero. Asemade, tamén se levaron a cabo iniciativas a prol da igualdade, como foron as IX Xornadas Acércate de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero, que se desenvolveron este xoves 21 de novembro no Milladoiro e estaban centradas na coeducación e no feminismo como movemento para abordar os desequilibrios de poder.

Tamén se realizaron actividades nos centros de ensino de Ames, como foron os Obradoiros de Bo Trato para o alumnado de primeiro da ESO nos centros IES do Milladoio e IES de Bertamiráns.

Cartel 25N

Multimedia

  • Cartel 25N