Solapas principales

O Concello de Ames e Medio Rural colaborarán na xestión da biomasa en máis de 30 hectáreas de monte

Lunes, 07 de agosto de 2023

O alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo, reuníronse co director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez Vázquez, para facilitar a xestión da biomasa de máis de 30 hectáreas de monte e 30 quilómetros de vías nas denominadas faixas secundarias, é dicir, aquelas máis próximas ás vivendas.

O organismo dependente da Xunta de Galicia comprometeuse a actuar no concello de Ames despois da reunión mantida co alcalde e a continuar con 10 hectáreas e 10 quilómetros de vías de forma anual, tal e como reflicte o convenio de protección das aldeas, nado da colaboración entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA, feito que o rexedor municipal cualificou de “gran avance na colaboración entre administracións”, declarando que “o compromiso acadado pon de manifesto o empeño que temos tanto o Concello de Ames como a Dirección Xeral de Defensa do Monte na prevención dos incendios forestais”, e finalizou con que “a mellor arma para loitar contra os incendios é a prevención”.

Con esta xuntanza, tanto o Concello como o organismo dependente da Xunta de Galicia estreitaron lazos para realizar futuras actuacións en canto a limpezas subsidiarias concedéndolle á institución municipal a autonomía para actuar a través de SEAGA, o que se traducirá nun aumento no número de hectáreas e quilómetros de vías xestionadas, así como unha maior axilidade na execución das actuacións.

Este importante logro reafirma o compromiso do Concello de Ames en materia de prevención de incendios e fará posible un maior control sobre as zonas de interface urbana, garantindo o interese público da seguridade de persoas e bens.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El Concello de Ames y Defensa do Monte colaboran para facilitar la gestión de la biomasa"

El Correo Gallego: "O Concello de Ames e Medio Rural colaboran na xestión da biomasaen máis de 30 hectáreas de monte"

Enfoques: "Ames y Medio Rural colaboran para gestionar la biomasa en 30 hectáreas de monte"

AMS GO!: "Acordo Xunta-Concello de Ames para a xestión da biomasa"

O alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo, reuníronse co director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez Vázquez

Multimedia

  • O Concello de Ames e Medio Rural colaborarán na xestión da biomasa en máis de 30 hectáreas de monte