- Tematica
A Concellaría de Promoción da Saúde e maila Asociación para a loita contra as enfermidades de ril (ALCER) colaboran para darlle unha maior visibilidade e sensibilizar á veciñanza amesá sobre as enfermidades de ril e a doazón de órganos. Dita colaboración plásmase a través do programa SaúdeAndo, que ten organizada para este xoves, 15 de setembro, ás 17.30 horas, unha nova andaina saudable que parte dende o centro de saúde de Bertamiráns. Dita andaina terá unha duración dunha hora ou hora e media e ten unha dificultade media-baixa. Para participar é necesario estar arredor das 17.20 horas diante do centro de saúde de Bertamiráns.
O programa SaúdeAndo de 2022 está composto por 38 andainas con saída dende Bertamiráns e mailo Milladoiro. De setembro a decembro faranse 16 andainas (8 en cada localidade). As andainas do SaúdeAndo son unha iniciativa da Concellaría de Promoción de Saúde, en colaboración cos dous centros de saúde do concello. É precisamente dende os propios centros onde comezan as rutas circulares, que duran entre unha hora e unha hora e media e que teñen unha dificultade media-baixa.
Precisamente a través do programa SaúdeAndo o Concello de Ames colabora coa Asociación para a loita contra as enfermidades de ril (ALCER). Dita colaboración plásmase a través do programa SaúdeAndo, que ten organizada para este xoves, 15 de setembro, ás 17.30 horas, unha nova andaina saudable que parte dende o centro de saúde de Bertamiráns. Dita andaina terá unha duración dunha hora ou hora e media e ten unha dificultade media-baixa. Para participar é necesario estar arredor das 17.20 horas diante do centro de saúde de Bertamiráns.
A concelleira de Promoción da Saúde, Luísa Feijóo, indica que “a través da andaina saudable deste xoves, 15 de setembro, queremos darlle visibilidade e sensibilizar á veciñanza amesá sobre as enfermidades de ril e a doazón de órganos. Trátase dunha andaina adaptada para todos os públicos e que ten unha lonxitude de 6 quilómetros. Animamos a todas as persoas que queiran sumarse a esta iniciativa a que acudan mañá algo antes das 17.30 horas ao centro de saúde de Bertamiráns”.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Andaina para visibilizar as doazóns e ós doentes de ril"