Solapas principales

O Concello de Ames convoca unha bolsa de formación no Servizo de Normalización Lingüística

Lunes, 13 de septiembre de 2021

O Concello de Ames convoca unha bolsa de formación para realizar prácticas formativas no Servizo de Normalización Lingüística titorizadas polo persoal técnico municipal. A bolsa terá unha duración de 12 meses e está dirixida a persoas graduadas en Lingua e Literatura Galegas. Podes inscribirte neste enlace.

O Concello de Ames convoca unha bolsa para realizar prácticas formativas no Servizo de Normalización Lingüística. A bolsa, dun ano de duración, está dirixida a persoas graduadas en Lingua e Literatura Galegas. O prazo para a presentación de solicitudes xa está aberto e remata o día 24 de setembro ás 14:00h. As persoas interesadas poden inscribirse premendo no seguinte enlace.

Os requisitos para as persoas aspirantes son ter  a titulación de Grao en  Lingua e Literatura Galegas, posuír coñecementos sobre o manexo de procesadores de texto e ter carné de conducir.

As persoas inscritas participarán nun proceso de selección que consistirá na valoración do currículo presentado (40%), un suposto práctico a partir dunhas premisas previamente indicadas vinculado coas tarefas propias dun servizo de normalización lingüística  (50 %) e e unha entrevista sobre Ames e a dispoñibilidade das persoas candidatas (10%).

Con esta bolsa, a persoa seleccionada aprenderá a executar programas e actividades de dinamización lingüística, a prestar asesoramento lingüístico e sociolingüístico a departamentos municipais e outros colectivos, a impartir formación e a coordinarse con outros departamentos, centros educativos e servizos de normalización, ademais de coñecer a organización e o funcionamento básico dun concello.

Servizo de Normalización Lingüística