Solapas principales

O Concello de Ames convida á veciñanza a votar por Blanca Millán, xogadora de baloncesto da NCAA, que está nominada aos Senior Class Award

Miércoles, 24 de febrero de 2021

A xogadora de baloncesto amesá Blanca Millán, que compite na National Collegiate Athletic Association (NCAA) formando parte da Universidade de Maine, participa no Senior Class Award, un premio a nivel nacional dos Estados Unidos, no que se valora o seu xogo, os seus estudos e o seu compromiso coa comunidade, entre outros aspectos. Blanca Millán participa na votación do Senior Class Award xunto con outras 12 xogadoras. A votación é gratuíta e pódese facer o número de veces que se desexe. Preme nesta ligazón para votar por Blanca Millán.

A amesá Blanca Millán é unha das xogadoras de baloncesto máis destacables na National Collegiate Athletic Association (NCAA). Na temporada 2016-2017, comezou a súa etapa universitaria na Universidade de Maine, Estados Unidos, sendo no seu primeiro ano nomeada novata da semana en dúas ocasións e incluída no mellor quinteto de novatas da temporada, así como no mellor quinteto da final.

Na temporada 2017-2018 o seu equipo proclamouse campión da súa conferencia e Blanca foi recoñecida a nivel individual como mellor xogadora da final e nomeada nos mellores quintetos ofensivo e defensivo da conferencia Este, así como no mellor quinteto xeral. Ademais de ser mellor xogadora da semana, novamente, en dúas ocasións, batendo algún récord de anotación e roubos de balón da liga e da Universidade na que realiza os seus estudos de fisioterapia.  

En decembro da temporada 2018-2019, Blanca Millán converteuse na cuarta xogadora da historia de América do Este en gañar na mesma tempada as distincións de mellor xogadora do ano e mellor xogador defensiva do ano na mesma tempada. Posteriormente, na temporada 2019-2020, a xogadora amesá sufriu unha grave lesión que a tivo apartada das pistas de xogo durante un ano. En decembro de 2020 volveu ás pistas tras recuperarse da rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo. Premendo nesta enlace podes consultar a traxectoria de Blanca Millán na NCAA.

Senior Class Award
Na actualidade, Blanca Millán está nominada aos Senior Class Award. Trátase dun premio a nivel nacional dos Estados Unidos, no que se valora o seu xogo, os seus estudos e o seu compromiso coa comunidade, entre outros aspectos. Blanca Millán participa na votación do Senior Class Award xunto con outras 12 xogadoras. A votación é gratuíta e pódese facer o número de veces que se desexe. Preme nesta ligazón para votar por Blanca Millán.

Dende o Concello de Ames anímase á veciñanza para que voten por Blanca Millán nos  Senior Class Award, nos que compite como representante da Universidade de Maine. Nestes momentos, a xogadora amesá conseguiu un 17,5% dos votos que a sitúan no terceiro posto da votación do premio.

Por último, cómpre destacar que Blanca Millán foi elixida como a deportista máis destacada de 2018 na XIII Gala do Deporte de Ames, celebrada en xaneiro de 2019, en recoñecemento aos éxitos logrados na NCAA, formando parte da Universidade de Maine.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Blanca Millán, la primera gallega que aspira al Senior Class Award"

Blanca Millán.