Solapas principales

O Concello de Ames condena o acto de violencia de xénero que provocou o asasinato dunha muller en Vilalba

Lunes, 22 de julio de 2019

O Concello de Ames, a través da concellaría de Benestar Social, realizou esta mañá, ás 12:00 horas, unha concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e diante das oficinas municipais do Milladoiro en repulsa do asasinato de María del Carmen Vázquez, de 47 anos, presuntamente a mans do seu ex marido. Autoridades municipais, traballadores/as e veciños/as gardaron un minuto de silencio en repulsa deste novo acto de violencia machista. É a segunda vítima mortal que se cobra a violencia machista este ano en Galicia, a número 33 a nivel estatal. Asemade, o Concello súmase á concentración convocada pola Plataforma Feminista Galega de Ames en repulsa deste asasinato, que terá lugar mañá martes, 23 de xullo, ás 19:30 horas nas portas do Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, recalcou que “hai que por fin a esta lacra da violencia machista dunha vez. Nesta loita debemos estar non só nestes actos senón tamén reclamando políticas efectivas, e máis medios, tanto económicos como de persoal. Sempre que poidamos achegar un gran de area, aí estaremos en contra das violencias machistas”.

Asemade, Luísa Feijóo lembra que “existe un teléfono da muller, 016, a onde poden chamar as mulleres ou calquera persoa que coñeza algún tipo de caso de maltrato para denunciar este tipo de situacións. Outra opción é poñerse en contacto co CIM, que atende tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro”.

Os membros da corporación municipal e os traballadores do Concello de Ames mostraron esta mañá a súa repulsa ante o asasinato acontecido onte en Vilalba. A concentración, que tivo lugar en Bertamiráns e no Milladoiro, comezou cun minuto de silencio en lembranza de María del Carmen Vázquez. O Concello de Ames, ademais, súmase á concentración convocada pola Plataforma Feminista Galega de Ames en repulsa deste asasinato, mañá ás 19:30 horas nas portas do Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

O Concello de Ames pon a disposición de todas aquelas mulleres que precisen información sobre o maltrato, asesoramento xurídico e/ou acompañamento psicosocial o CIM de Ames (Centro de Información a Muller). Para elo poden achegarse ata os departamentos de Servizos Sociais ou chamar aos números de teléfono de atención dos Servizos Sociais de Bertamiráns, 981 890 964, e dos Servizos Sociais do Milladoiro, 981 535 941, ou directamente ao teléfono do CIM: 662371392 . Ademais, tamén poden recibir atención no 016, o Teléfono da Muller.

concentración asasinato

Multimedia

  • concentración asasinato 2