Solapas principales

O Concello de Ames colabora na recollida de axuda humanitaria para Venezuela

Miércoles, 01 de julio de 2026

O Concello de Ames colabora coa Federación Venezolana de Galicia na campaña de recollida de axuda humanitaria para as zonas afectadas polos terremotos que se produciron en Venezuela. O material poderase depositar nas sedes das asociacións que forman parte de FEVEGA. O material que máis se necesita son analxésicos, antialérxicos, antibióticos sistémicos, medicamentos para asma, urxencias respiratorias e enfermidades cardiovasculares, produtos de oftalmoloxía, pediatría e subministros médicos. No concello de Ames poderase depositar o material en diferentes lugares de Bertamiráns e do Milladoiro.

O Concello de Ames informa sobre o procedemento que hai que seguir para canalizar a axuda que se desexe enviar a Venezuela. Desde a Concellaría de Benestar Social e Voluntariado colaboran coa Federación Venezolana de Galicia na campaña de recollida de axuda humanitaria para as zonas afectadas polos terremotos que se produciron en Venezuela o pasado 24 de xuño.

Baixo o lema “A túa solidariedade marca a diferencia”, púxose en marcha unha campaña para enviar axuda humanitaria a Venezuela. Desde FEVEGA habilitaron unha canle segura para enviar axuda económica, coa cal se van a comprar medicinas e cubrirase o custe que ten enviar o material que se recade dende Galicia ata Venezuela. As doazón económicas poden realizarse a través da seguinte conta bancaria: ES21 0049 0170 5829 1030 7885.

Material necesario para enviar a Venezuela
O material que máis se necesita son analxésicos, antialérxicos, antibióticos sistémicos, medicamentos para asma, urxencias respiratorias e enfermidades cardiovasculares, produtos de oftalmoloxía, pediatría e subministros médicos. Preme nesta ligazón para ter máis información sobre o material que se necesita.

No concello de Ames poderase depositar o material en diferentes lugares. En Bertamiráns, na Casa da Cultura (hai que acudir o mércores 1 ou o xoves 2 de xullo ás 20.00 horas) e na Igrexa Cristiana “Jesus es el Camino”, situada na rúa Entrerríos, número 8, na esquina coa rúa Agrelo. Ademais, no Milladoiro pódese depositar o material na cafetería  Lounge Ventidós, situada na praza de Manuel Murguía; en Korizza Cafetería, situada na avenida de Rosalía de Castro, número 29; e no Recuncho de Adrián, situado na rúa Agro do Medio, número 13.

O Concello de Ames colabora na recollida de axuda humanitaria para Venezuela

Multimedia

  • O Concello de Ames colabora na recollida de axuda humanitaria para Venezuela