O Concello de Ames prepara unha celebración especial para despedir o ano este 31 de decembro, cunha programación pensada para que a veciñanza poida gozar da festa sen saír do municipio. Baixo o lema Este 31 de decembro queda no teu concello… Fin de Ano en Ames! estase pechando a programación das Prebadaladas, Tardeo e da Festa de fin de ano. As entradas para a Festa de fin de ano comezaranse a vender o próximo martes, 9 de decembro, e van ser en formato dixital. As actividades de Prebadaladas e Tardeo están pensadas para todos os públicos, mentres que a Festa de fin de ano é para persoas maiores de 18 anos.
Para despedir este 2025 o Concello de Ames está preparando unha programación especial que incluirá as tradicionais Prebadaladas, o Tardeo e maila Festa de fin de ano. As Prebadaladas é unha iniciativa que botou a andar no 2019 e que, ano a ano, foi afianzándose cada vez máis entre a veciñanza de Ames e dos concellos da contorna.
Este ano amplíase a programación de actividades co Tardeo, que ao igual que as Prebadaladas, vaise a celebrar na praza do Concello, ne horario de 17:00 a 21:00 horas. Trátase dunha proposta pensada para todos os públicos, coa intención de crear ambiente festivo desde primeira hora da tarde e fomentar os encontros entre a veciñanza nun espazo seguro e accesible. No Tardeo haberá música a cargo de DJ Wana do Milladoiro e servizo de barra de bar prestado por hostaleiros locais (StreetGarden, Asador Vacavella e O Transistor).
Festa de fin de ano
Xa entrada a madrugada, tras as badaladas, terá lugar unha Festa de Fin de Ano que se celebrará no pavillón de Bertamiráns, de 1:00 a 8:00 horas, dirixida a persoas maiores de 18 anos. Trátase dunha das principais novidades da programación municipal para este ano, co obxectivo de ofrecer unha alternativa de ocio nocturno no propio concello.
As entradas para a Festa de fin de ano comezaranse a vender o próximo martes, 9 de decembro, e van ser en formato dixital. Poderanse adquirir ata o 28 de decembro ao prezo anticipado de 25 euros máis 0,65 de gastos de xestión. A adquisición da entrada da dereito ao acceso á festa, en horario de 1.00 a 8.00 da maña, a dúas consumicións, servizo de roupeiro, así como ao servizo de buses que se habilitarán para o evento. As entradas poderanse mercar nesta ligazón que estará habilitada a partir do 9 de decembro.
Ao igual que no Tardeo contarase con servizo de barra de bar prestado por hostaleiros locais (StreetGarden, Asador Vacavella e O Transistor). A música correrá a cargo dos DJs da discoteca móbil CDC.
Servizo de autobús para a Festa de fin de ano
Contarase con servizo de autobús cunha liña fixa, que saíra a 1.00h coas seguintes paradas:
-O Milladoiro - Parada do novo centro de saúde.
-Bugallido - Ao carón da farmacia.
-Ortoño/Agro do Muíño - Parada das Cortes.
-Bertamiráns - rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da Casa do Concello.
-Urbanización As Mimosas.
A volta farase a partir das 4.00h con saídas cada hora dende o pavillón de Bertamiráns (ás 4.00, 5.00, 6.00, 7.00 e 8.00 horas).
Ademais, se hai demanda por parte da veciñanza cabe a posibilidade de incluír unha segunda liña de autobús baixo demanda con novas paradas. Para solicitar novas paradas no servizo de autobús hai que enviar un correo electrónico ao enderezo gabinete@ames.gal.
Por último, a Xuntanza de Empresarios de Ames vai a publicar unha campaña para fomentar que as persoas que acudan á Festa de fin de ano e outros/as veciños/as que o desexen poidan tomar o chocolate con churros nos bares e cafeterías de Bertamiráns.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Suman unha festa amesá de fin de ano ao seu tardeo e ás prebadaladas"






