- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural, avanza na implantación das comunidades enerxéticas en Ames. Para iso vén de contratarse o servizo da asistencia técnica para a contratación dun servizo destinado a apoiar ao Concello de Ames e as Comunidades Enerxéticas de Ames na execución do seu primeiro proxecto de autoconsumo colectivo. O obxectivo é dispor de asesoramento técnico no proceso de instalación de plantas fotovoltaicas e na xestión cos diferentes comercializadoras de electricidade. Ademais, creouse a páxina web Ames Enerxia para proporcionar información e axudar a veciñanza que estes interesada en participar en dita comunidade enerxética.
Ames, Biduído e Tapia, entre outras parroquias, e na que participa o Concello de Ames como un socio máis. Ademais, dentro da asociación hai membros de practicamente todas as parroquias de Ames.
Para avanzar na implantación das comunidades enerxéticas, o Concello de Ames vén de contratar o servizo da asistencia técnica para a contratación dun servizo destinado a apoiar ao Concello de Ames e as Comunidades Enerxéticas de Ames na execución do seu primeiro proxecto de autoconsumo colectivo.
Esta actuación enmárcase como continuidade das axudas recibidas para a creación da Oficina de Transformación Comunitaria (OTC), no marco do Programa CE-OFICINAS, impulsado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. A través da OTC, promovéronse accións de difusión e dinamización das Comunidades Enerxéticas (CCEE), e agora, mediante este contrato, preténdese avanzar cara á materialización efectiva do primeiro proxecto piloto, consolidando así os obxectivos iniciados coa posta en marcha da oficina.
O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo, explica que “esta actuación facilita a definición dunha metodoloxía de traballo sólida e escalable, que permitirá sentar as bases para o desenvolvemento de novas instalacións en cubertas municipais, ao tempo que garante a coordinación efectiva entre os distintos axentes implicados (Concello, comunidade enerxética, empresa instaladora e distribuidora eléctrica), optimizando así os prazos e recursos dispoñibles. Ademais, contribúe directamente á implantación da Axenda Urbana de Ames e ao cumprimento dos obxectivos europeos vinculados á transición verde, á transformación dixital, á participación cidadá e á democratización do acceso á enerxía renovable, en coherencia co Pacto Verde Europeo”.
Nova páxina web Ames Enerxía
O obxectivo é dispor de asesoramento técnico no proceso de instalación de plantas fotovoltaicas e na xestión coas diferentes empresas comercializadoras de electricidade. Neste senso, a semana pasada mantívose unha nova xuntanza da asociación Comunidade Enerxética Ames Solar para avanzar na creación de comunidades enerxéticas.
Ademais, creouse a páxina web Ames Enerxía para proporcionar información e axudar a veciñanza que estes interesada en participar en dita comunidade enerxética. Para ampliar información sobre esta cuestión tamén se pode escribir un correo electrónico ao enderezo asociacionamessolar@gmail.com.
¿Que é unha Comunidade Enerxética?
As Comunidades Enerxéticas representan un novo modelo enerxético baseado na participación cidadá, onde os residentes poden producir, consumir, almacenar e compartir colectivamente enerxía renovable, democratizando o acceso á enerxía limpa e reducindo a dependencia das grandes compañías eléctricas.
As comunidades enerxéticas son un modo de aforrar na túa factura da luz ao mesmo tempo que se limita a pegada de carbono no concello, se impulsa a economía local mediante a creación de emprego verde e se gaña autonomía enerxética para o territorio e se avanza na participación cidadá directa na transición enerxética.
Novas relacionadas:
Lindeiros: "Ames avanza na implantación das comunidades enerxéticas"
Xornal de Compostela: "O Concello de Ames impulsa o primeiro proxecto de autoconsumo colectivo a través das comunidades enerxéticas"





