Solapas principales

O concelleiro de Turismo de Ames, Manuel Lens, foi nomeado secretario da Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros-Noia

Martes, 04 de agosto de 2020

Os Concellos polos que discorre o itinerario do Camiño de Santiago denominado da Ría de Muros-Noia celebraron a súa primeira Asemblea Xeral para a constitución da entidade que busca no recoñecemento oficial da ruta novas oportunidades para reforzar a súa oferta turística. Na reunión aprobáronse os orzamentos e trazáronse as accións a levar a cabo pola entidade até final de ano. O concelleiro de Turismo de Ames, Manuel Lens, foi nomeado secretario da Asociación.

Por Ames xa pasan na actualidade dous camiños xacobeos: o Camiño portugués e o Camiño a Fisterra. Coa  oficialización deste novo Camiño da Ría Muros-Noia, Ames sería o único concello da Asociación, agás Compostela, que contaría con tres rutas xacobeas. Para o concelleiro de Turismo de Ames, agora tamén secretario da Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros-Noia, formar parte de esta Asociación é imprescindible cara a promoción turística do municipio: “Non podemos esquecer que os camiños de Santiago supoñen un dos atractivos de difusión turística máis importante do noso concello. Poder afrontar accións conxuntas con ese outros concellos aos que nos unen os camiños a Compostela é un garante á hora de conseguir vantaxes para todos os municipios”.

Os 9 concellos que forman a Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros-Santiago: Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago, reuníronse onte en Compostela para constituír oficialmente a súa estrutura e órganos de goberno, aprobar o presuposto que inicialmente será de 18.000 euros e fixar o plan de accións que poña en valor e promova este itinerario xacobeo.
Na devandita reunión decidiuse que a presidencia da nova entidade recaese na alcaldesa de Lousame, Terera Villaverde, mentras que a vicepresidencia será para o alcalde de Noia, Santiago Freire, o cargo de tesoureiro será desempeñado polo alcalde de Outes, Manuel González e da secretaría encargarase o concelleiro de Turismo de Ames, Manuel Lens. Inés Monteagudo, alcaldesa de Muros será vocal.
 
Coa sinatura dos estatutos da asociación e a celabración da súa primeira Asamblea Xeral, a nova entidade comeza xa a traballar na promoción deste itinerario xacobeo e o fará seguindo o plan de accións aprobado na xuntanza celebrada onte. Así,

Entre as medidas aprobadas, despois da celebración desta primeira Asamblea Xeral, destaca a xuntanza que hoxe mesmo está previsto que manteñan co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. A intención é darlle conta da oficiacialización da asociación, do seu plan de accións e, especialmente, do proxecto de que este camiño sexa recoñecido como itinerario cultural, un proxecto que avanza a bo ritmo grazas ao apoio acadado do Arcebispado de Santiago trala xuntanza celebrada a pasada semana.

Dinamización local do Camiño

A ronda de contactos para dar contar da creación desta asociación continuarán este mesmo venres cando se manteña tamén un encontro cos colectivos e asociacións de Amigos do Camiño de Santiago aos que se lles invitará a coñecer polo miúdo as peregrinacións náuticas e a pé ata Santiago a través deste itinerario que aspira a ser recoñecido oficialmente como Camiño de Santiago a efectos de patrimonio cultural e ruta turística xacobea.

Accións ata final de ano
A presidenta da Ría da Estrela e agora tamén da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia, Teresa Villaverde, tamén aproveitou a celebración desta primeira xuntanza para dar conta do avance nos traballos da agrupación de municipios polos que trascorre este camiño, que leva un ano avanzando no proceso de sinalización e delimitación do roteiro. Neste sentido, Villaverde anunciou que agardan que para o mes de outubro estean finalizados e se poida presentar oficialmente o percorrido oficial deste itinerario cultural.

Finalmente, a nova asociación tamén aprobou as súas cotas de socios – determinadas nun 50% común e na outra metade en función de criterios de poboación e número de quilómetros de Camiño que discorren polo municipio -  así como  destinar parte do orzamento anual consignado neste 2020 para a edición dun traballo monográfico sobre este Camiño, a traballos de creación de imaxe corporativa e web así como para a participación da asociación en Fairway, a Feira sobre o Camiño de Santiago, que se celebrará en Compostela  do 8 ao 10 de novembro. Por último, Villaverde tamén anunciou que antes de que remate o ano a asociación volvería a celebrar unha nova asamblea xeral para poder aprobar un presuposto para 2021.

Para o concelleiro de Turismo de Ames, agora tamén secretario da Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros-Noia, formar parte de esta Asociación é imprescindible cara a promoción turística do municipio: “Non podemos esquecer que os camiños de Santiago supoñen un dos atractivos de difusión turística máis importante do noso concello. Poder afrontar accións conxuntas con ese outros concellos aos que nos unen os camiños a Compostela é un garante á hora de conseguir vantaxes pra todos os municipios”.

Reunión da Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros Noia

Multimedia

  • Manuel Lens foi elixido secretario da Asociación
  • A Asociación reuniuse en Compostela