Solapas principales

O club Distrito 13 17 arranca este venres con 20 participantes

Martes, 03 de febrero de 2026

O club xuvenil Distrito 13 17 inaugura a súa programación coa actividade Creando Rede o vindeiro venres 6 de febreiro, de 19.00 a 21.00 horas, no Pazo da Peregrina. A agrupación xa conta cun total de 20 rapaces e rapazas inscritas e agarda algunha incorporación máis antes desta primeira actividade ante o interese da mocidade amesá. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

Creando Rede é o nome da primeira actividade dun total de 17 que Distrito 13 17 ten organizadas durante todo o ano para a mocidade comprendida entre os 13 e os 17 anos de idade. Este primeiro encontro servirá como presentación entre entidade e participantes, coñecer o proxecto e descubrir os gustos e as inquedanzas individuais e colectivas que marquen o rumbo do club durante os vindeiros meses. 

A actividade estará composta por diversas actividades e dinámicas de presentación e cohesión grupal. Deste xeito, favorecerase a comunicación entre todos os participantes, co obxectivo de crear un grupo sólido. Entre os principais xogos atópase un bingo de presentación e dúas dinámicas grupais, coñecidas como “Curiosidades” e “O bar”. 

Creando Rede é unha actividade de carácter aberto, onde todos e todas as participantes se presenten e transmitan as súas inquedanzas ao grupo, e deste xeito poder crear un espazo seguro de comunicación no que se poidan tomar decisións de común agrado sobre o enfoque deste proxecto xuvenil. 

Distrito 13 17
Distrito 13 17 é un espazo activo, unha alternativa para que a xuventude do concello entre os 13 e os 17 anos se coñeza e estableza nexos de unión e relacións sas, e onde a mocidade sexa a verdadeira protagonista do seu lecer. Cada encontro será unha oportunidade para expresarse, compartir, aprender e construír grupo, sempre nun ambiente seguro, respectuoso e participativo.

Premendo na seguinte ligazón podes consultar a programación de 2026 do Club Xuvenil de Ames. A inscrición nas actividades pódense facer a través deste formulario dixital ou a través do código QR da cartelaría. A data límite para inscribirse será como máximo, o xoves previo de cada actividade. Para calquera dúbida, podes contactar no enderezo de correo electrónico info@anacoseducativos.com ou no teléfono 694 216 484. 

O club Distrito 13 17 arranca este venres con 20 participantes

Multimedia

  • O club Distrito 13 17 arranca este venres con 20 participantes