Solapas principales

O Club Ciclista Ames organiza dous eventos deportivos e un curso de mecánica durante 2026

Sábado, 28 de febrero de 2026

O Concello de Ames informa sobre as actividades que ten previsto realizar o Club Ciclista Ames durante este ano 2026. O club amesán organiza para o vindeiro sábado, 7 de marzo, de 17.00 a 20.00 horas, no local social de Agrón, un curso de mecánica básica para ciclistas. Esta actividade estará impartida por un socio do club, Sergio Sánchez. Ofértanse 25 que se cubrirán por orde de inscrición. As persoas interesadas poden inscribirse premendo nesta ligazón. Ademais, o 10 de maio vaise organizar unha marcha ciclista por estrada denominada “Clásica de primavera”; e en setembro ou outubro celebrase a segunda edición da Ames Gravel Social Ride.

O Club Ciclista Ames ten preparado para este ano 2026 tres actividades nas que se combina a formación coa celebración de dous eventos deportivos. Deste xeito, para o sábado 7 de marzo, de 17.00 a 20.00 horas, organizan un curso de mecánica básica para ciclistas, que será impartido por un socio do club, Sergio Sánchez. Para esta actividade ofértanse 25 que se cubrirán por orde de inscrición. As persoas interesadas poden inscribirse premendo nesta ligazón.

Dito curso está dirixido ao público en xeral, tanto a persoas que practican ciclismo como aquelas que teñen intención de retomar a actividade ciclista. As persoas que o desexen poden acudir coas súas bicicletas, pero non é imprescindible, xa que dende a organización van a levar varias bicicletas para aprender de forma práctica a axustar os freos, o cambio, e outras nocións de mecánica. Polo tanto, trátase dun curso eminentemente práctico de tres horas de duración.      

Eventos deportivos
Por outra banda, dende o Club Ciclista Ames van organizar dous eventos deportivos durante este ano. O primeiro, previsto para o domingo 10 de maio, será unha marcha ciclista por estrada denominada “Clásica de primavera”. Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Ames a través da Concellaría de Deportes.

Ademais, de cara os mes de setembro ou outubro vaise a celebrar a segunda edición da Ames Gravel Social Ride. A primeira edición desta marcha celebrouse en setembro de 2025 dentro da programación da VII Semana Europea da Mobilidade que organiza o Concello de Ames.

Na modalidade do gravel elimínanse os perigos do ciclismo de estrada, pois os tramos de asfalto transcorren principalmente por vías secundarias pouco transitadas, e tamén se suprimen os aspectos e especialización máis técnica do ciclismo de montaña, que inclúe camiños máis complicados. Así, nas rutas de gravel abondan as pistas por terra e os tramos por núcleos do rural.

O Club Ciclista Ames organiza dous eventos deportivos e un curso de mecánica durante 2026