Solapas principales

O Club Atletismo MillaRaio convoca xornadas de portas abertas

Sábado, 29 de agosto de 2026

Coa chegada do mes de setembro, o Club Atletismo MillaRaio, como vén sendo habitual, ofrece aos cativos e cativas unhas xornadas de portas abertas para ter unha primeira toma de contacto con este deporte. As sesións realizaranse os días 9, 10, 14, 16 e 17 nas pistas de atletismo da USC e o 12 e 19 no campo de lanzamentos de Biduido (Ventín). Durante este mes tamén se celebrará a segunda quenda do XXI Campus de atletismo MillaRaio, os días 31 de agosto e 1, 2, 3, 4, 7 e 8 de setembro. Máis información na web do club ou no correo millaraio@gmail.com.

O club Atletismo MillaRaio convoca as súas xornadas de portas abertas durante o mes de setembro, e que terán lugar os días 9, 10, 14, 16 e 17, en horario de tarde nas pistas da USC, e os sábados 12 e 19, en horario de mañá, no campo de lanzamentos de Biduído (Ventín). Deste xeito, os nenos e nenas poderán achegarse e descubrir diferentes disciplinas de atletismo dun xeito lúdico.  

Estas xornadas están orientadas aos rapaces e rapaces nados entre o 2008 e o 2020 (ambos inclusive). Os horarios están adaptados aos diferentes grupos de idade. Para atopar máis información e realizar a inscrición pódese acceder á web do club Atletismo MillaRaio premendo nesta ligazón ou escribir ao seu enderezo electrónico, millaraio@gmail.com.  

XII Campus de atletismo MillaRaio
Por outra banda, o club amesán organiza a segunda quenda do seu campus de verán. O campamento, orientado tanto a atletas do club como a novas incorporacións, ten como obxectivo facilitar a conciliación durante as épocas non lectivas e, para os mozos e mozas do club, dar continuidade aos adestramentos, mentres que para a rapazada de fóra, é unha opción para probar o mundo do atletismo. Adestraranse as distintas modalidades do deporte: velocidade, saltos, lanzamentos, marcha, fondo...

Tras o desenvolvemento da primeira quenda do seu campus de verán no mes de xuño, o campus retomarase de novo, do 31 de agosto ao 8 setembro, na área deportiva do Milladoiro. A recepción realizarase entre as 8.30 e 9.00 horas, e as actividades terán lugar de 9:00 a 14:00 horas. Os rapaces e rapazas poderán ser recollidos entre as 14:00 e as 14:30 horas. O campus está dirixido para os nenos e nenas nados entre o 2013 e 2019, ámbolos dous incluídos. 

Para atopar máis información e realizar a inscrición pódese acceder á web de Millaraio premendo nesta ligazón ou escribir ao seu enderezo electrónico, millaraio@gmail.com.

Novas relacionadas

Diario de Santiago: "O Club Atletismo MillaRaio convoca xornadas de portas abertas"

O Club Atletismo MillaRaio convoca xornadas de portas abertas

Multimedia

  • O Club Atletismo MillaRaio convoca xornadas de portas abertas