Solapas principales

O club Ames Atletismo organiza unhas xornadas de portas abertas no mes de setembro

Jueves, 19 de septiembre de 2019

Durante este mes de setembro o club Ames Atletismo está organizando unhas xornadas de portas abertas os luns, mércores e venres, as 18:00 horas, nas instalacións de Biduído (detrás do colexio de Ventín). Ames Atletismo é un novo club de atletismo de base que nace co propósito de ensinar tódalas disciplinas do atletismo dun modo divertido e formando en valores coma o esforzo, a constancia e o compañeirismo, tan presentes neste gran deporte.

Acaba de poñerse en marcha un novo proxecto de atletismo no municipio amesá. Ames Atletismo é un club de atletismo de base que nace co propósito de ensinar tódalas disciplinas do atletismo dun modo divertido e formando en valores coma o esforzo, a constancia e o compañeirismo, tan presentes neste gran deporte.

Deste xeito, durante este mes de setembro este club está realizando unhas xornadas de portas abertas os luns, mércores e venres, ás 18:00 horas, nas instalacións de Biduído (na parte traseira do CEP de Ventín). Dende este club animan a todos/as aqueles/as que queiran probar algunha disciplina, que acudan a estas xornadas sen ningún tipo de compromiso, só co obxectivo de gozar facendo deporte.

As categorías están abertas dende o 2014 tendo como obxectivo que os/as nenos/as descubran e adestren dende salto de lonxitude, a lanzamento de martelo, pasando polas carreiras de fondo, a xavelina, o salto de altura, etc. En definitiva, que proben todo tipo de probas dentro do atletismo.

Para máis información pódese contactar co club escribindo un correo electrónico ao enderezo amesatletismo@gmail.com. E se estades interesados/as en formar parte do club podedes cubrir o formulario de preinscripción que atoparedes na páxina web no apartado de inscricións.

 Cartel das xornadas de portas abertas do club Ames Atletismo

Multimedia

  •  Cartel das xornadas de portas abertas do club Ames Atletismo