Solapas principales

O Certame Literario de Ames xa ten textos premiados na súa XXII edición

Martes, 10 de junio de 2025

A Concellaría de Normalización Lingüística acaba de publicar a listaxe de persoas gañadoras da vixésimo segunda edición do Certame Literario de Ames. Na edición deste ano, recibíronse un total de 158 traballos, e foi na categoría de poesía para maiores de 18 anos na que houbo un maior número de participantes, con 72 obras recibidas. As persoas encargadas de xulgar os textos desta edición foron: María López Sández, Manuel Núñez Singala e Mariña Pérez Rei; as tres pertencentes ao ámbito literario e referentes na creación literaria galega actual. A entrega de premios estará presentada por Belén Martínez, xornalista de Ames Radio, e terá lugar este sábado, 14 de xuño, ás 12:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Pódese descargar a acta completa do xurado na seguinte ligazón

O pasado mércores, 28 de maio, o xurado da XXII edición do Certame Literario de Ames celebrou unha xuntanza para valorar e decidir os textos gañadores de poesía e narrativa deste ano. Como vén sendo habitual, entre as obras recibidas atópanse autores de calquera recuncho da xeografía galega. 

Desta volta, os traballos premiados proceden dun total de 11 concellos de diferentes. Entre a listaxe de obras gañadoras, atópanse textos procedentes de Ames, Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Nigrán, Touro, Oroso, Bueu, Allariz, Lugo e Porto do Son. No concello amesán quedan cinco dos galardóns: o primeiro premio da primeira categoría na modalidade de narrativa, todos os premios da segunda categoría da modalidade de narrativa e o terceiro premio da segunda categoría na modalidade de poesía. 

Premiados/as no certame
As nove persoas premiadas na modalidade de narrativa foron as seguintes: Iria Martínez Mosquera, Adriana González Leira e Ana López Canosa, na primeira categoría; Elvia Pérez Álvarez, Roi Álvarez Castro e Sarah Muñoz Costa, na segunda categoría; e Alberte Momán Noval, Clara do Roxo e Francisco Javier Fernández Davila, na terceira categoría. 

En canto á modalidade de poesía, as persoas galardoadas foron: Arwen Fernández García, Maré Candales González e Luís Moreno Comesaña, na primeira categoría; María Rodríguez Maroño, Carme Pereira Troncoso e Roi Álvarez Castro, na segunda categoría; e Israel Martínez Veiga, Miriam Ferradáns Ferradás e Patricia Torrado Queiruga, na terceira categoría. 

158 traballos presentados
Un ano máis, a categoría con maior participación foi a sección para persoas maiores de 18 anos na modalidade de poesía, na que se presentaron 72 traballos. Por outro lado, na mesma franxa de idade dentro da modalidade de narrativa recibíronse un total de 47 obras. Nas outras dúas categorías de poesía, dirixidas a persoas de menos de 13 anos e a autores e autoras de entre 14 e 17 anos, recibíronse 13 e 5 textos, respectivamente. Do mesmo xeito, na categoría de narrativa nesas mesmas franxas de idade, presentáronse 13 e 7 traballos, respectivamente. En total, participan no concurso 90 textos poéticos e 67 textos narrativos.

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "Xa se coñecen os gañadores do Certame Literario de Ames: 18 obras premiadas de 11 concellos galegos"

AMSGO!: "O Certame Literario de Ames xa ten textos premiados na súa XXII edición e celebrta a súa gala o vindeiro 14"

Diario de Santiago: "O Certame Literario de Ames xa ten textos premiados na súa XXII edición"

O Certame Literario de Ames xa ten textos premiados na súa XXII edición

Multimedia

  • O Certame Literario de Ames xa ten textos premiados na súa XXII edición
  • O Certame Literario de Ames xa ten textos premiados na súa XXII edición