- Tematica
O Centro Deportivo Municipal da Telleira, xestionado pola empresa BeOne, lanza neste mes de setembro a campaña "Back to gym!, Por fin", convidando á veciñanza a comezar, ou retomar, unha vida activa tras o verán. Ao longo de todo o mes, as persoas interesadas poderán gozar dunha proba gratuíta de 3 días para coñecer o centro deportivo e os seus servizos. Ademais, a campaña tamén inclúe a matrícula gratuíta para novos socios.
BeOne A Telleira, situado na rúa Camiño Novo, distínguese polas súas instalacións, deseñadas para ofrecer unha experiencia deportiva completa. O centro conta cunha gran sala fitness con zonas diferenciadas para cardio, peso libre, adestramento funcional e musculación. Ademais, ofértase unha ampla variedade de actividades dirixidas, con clases nas que se practican diferentes disciplinas deportivas, coma actividades coreográficas, ciclo indoor ou de tonificación. Por último, a instalación complétase cunha piscina climatizada e sauna. Todo isto nun horario de 07:00 a 23:00 horas de luns a venres, de 09:00 a 13:45 horas e de 16:00 a 20:45 horas os sábados e de 09:00 a 13:45 horas os domingos.
O Centro Deportivo Municipal da Telleira é unha boa opción para familias, pois ofrece abonos especiais que inclúen acceso a unha área infantil de xogos e a unha escola de natación infantil, presentando así opcións para que tanto adultos como nenos gocen dunha vida activa e saudable nunha contorna divertida. Por outra banda, o centro tamén ofrece adestramentos persoais adaptados ás necesidades e obxectivos de cada usuario, asegurando unha atención personalizada.
A concelleira de deportes, Susana Señorís, valora dun xeito moi positivo a campaña posta en marcha pola empresa BeOne no centro deportivo de A Telleira pois “é unha boa forma de animar á veciñanza a comezar ou retomar a práctica deportiva tras a pausa e descanso do verán. Coa iniciativa, non só se incentiva e anima a comezar coa actividade física, senón que motiva os obxectivos tan diversos que se poden chegar a lograr coa práctica deportiva a curto e longo prazo”.
Javier Magariños, director do Centro Deportivo BeOne Ames, comenta: “En BeOne Ames ofrecemos unha contorna pensada para axudarche a conseguir as túas metas de saúde e benestar. Estamos seguros de que ao visitarnos quedarás impresionado coas nosas instalacións e servizos, e quererás sumarche á nosa comunidade”.
A campaña "Back to gym!, Por fin" está pensada para animar á cidadanía para retomar ou iniciar unha vida activa tras o verán e afrontar así a volta á normalidade con enerxía. Durante todo o mes de setembro, os veciños de Ames poderán gozar da matrícula gratuíta. Para os máis indecisos, a inscrición durante este período tamén incluirá proba gratuíta de 3 días, accedendo a todas as instalacións e actividades do centro, ofrecendo un incentivo adicional para quen desexe comezar a súa viaxe cara a unha vida máis saudable e activa. A invitación está dispoñible a través da páxina web https://www.beone.es/promociones/ames.
Sobre BeOne
BeOne é unha empresa líder na xestión de centros deportivos, comprometida con ofrecer instalacións de alta calidade e servizos excepcionais aos seus usuarios. Cunha sólida presenza en España, BeOne promove o benestar e a saúde a través dunha variada oferta de actividades e programas deportivos.





