Solapas principales

O campo municipal de fútbol do Milladoiro acolleu o torneo de cadetes Centro Dental Macía

Martes, 09 de junio de 2015

[09-06-2015] O pasado sábado, 6 de xuño, disputouse no campo municipal de fútbol do Milladoiro un torneo de fútbol de cadetes, que estivo organizado polo Milladoiro SD, en colaboración co Concello de Ames, e patrocinado polo Centro Dental Macía. O Negreira impúxose na final ao Milladoiro polo resultado de 2-1, mentres que na final de consolación o Trazo gañoulle ao Calo.


Ademais, entregáronse os premios ao mellor xogador do torneo que foi para Yago Torrente do Milladoiro, e ao mellor porteiro, que recaeu en Kata do Silleda.

O presidente do Milladoiro SD, Vicente González, destacou que “foi un campionato moi disputado e igualado” a engadiu que “tralo éxito deste torneo esperamos repetir este tipo de iniciativas pero con outras categorías”.

O alcalde en funcións de Ames, Santiago Amor, a concelleira en funcións de Deportes, Ana Ruso, e o responsable do Centro Dental Macía, Javier Macía , foron os encargados de facer a entrega dos trofeos aos participantes.

Neste campionato participaron os equipos do Negreira, Calo, Milladoiro, Trazo, Compostela B e Silleda. Este seis equipos estiveron divididos en dous grupos de tres equipos cada un. A fase de grupos disputouse dende as 10:00 ata as 14:00 horas. Xa pola tarde xogáronse as dúas semifinais, a final de consolidación e a gran final do torneo.

A final disputárona o equipo anfitrión do torneo, o Milladoiro, ante o Negreira. O equipo nicrariense impúxose por dous goles a un aos rapaces do Milladoiro. Por outra banda, a final de consolación disputárona o Trazo e o Calo, gañando os tracenses.