- Tematica
O Banco Municipal de Reciclaxe Electrónica do Milladoiro imparte o sábado, 22 de novembro, organiza un obradoiro para entender e reducir a factura da luz. Neste taller explicaranse os conceptos clave da factura eléctrica: termo de potencia (custe fixo pola potencia contratada) e termo de enerxía (custe variable polo consumo real). Esta actividade impartirase no antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8, de 11:30 a 13:00 horas. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.
Este sábado, 22 de novembro, volve a organizarse unha nova actividade da Oficina de Voluntariado Informático de Software Libre, unha iniciativa impulsada por AGASOL coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames. A Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames é un proxecto posto en marcha polo Concello de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL).
Nesta ocasión vaise a impartir un obradoiro para entender e reducir a factura da luz. Neste taller explicaranse os conceptos clave da factura eléctrica: termo de potencia (custe fixo pola potencia contratada) e termo de enerxía (custe variable polo consumo real). Tamén detallarase como identificar os impostos e cargos regulados, así como a diferenza entre tarifas con discriminación horaria e as planas. Por último, daranse consellos prácticos para optimizar o consumo e reducir o importe final.
Este obradoiro será impartido polos voluntarios do Banco de Reciclaxe de Electrónica de Milladoiro, dentro das súas actividades de divulgación de software libre e novas tecnoloxías. Se non entendes a túa factura da luz, por que pagas tanto polo pouco que consumes e non es capaz de reducila, apúntate.
A actividade impartirase no local que está situado no antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8, de 11:30 a 13:00 horas. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.
Banco Municipal de Reciclaxe
O Banco Municipal de Reciclaxe é un proxecto que aposta pola reutilización de obxectos en bo estado, ofrecéndolles unha segunda vida e reducindo o volume de residuos. Deste xeito, promóvese un consumo responsable, solidario e sostible, fomentando a economía circular e o coidado do medio ambiente.





