Solapas principales

O Banco de reciclaxe electrónica de Ames organiza un taller para a posta a punto, reciclaxe e instalación do teu computador

Martes, 13 de septiembre de 2022

A recentemente creada Oficina de Voluntariado informático de software libre de Ames, xunto co seu Banco de reciclaxe electrónica, pon en marcha un novo obradoiro para a posta a punto, reciclaxe e instalación do teu computador. Esta actividades realizarase o sábado, 17 de setembro, en horario de mañá de 11:00 a 13:30 horas. Está dirixido a persoas que queiran aprender a instalar un sistema operativo libre, navegador, suite ofimática, reprodutor de audio e vídeo, programa de edición de imaxes dixitais, etc. As persoas que queiran participar poden confirmar a súa asistencia premendo nesta ligazón.

A oficina de Software Libre e banco de reciclaxe electrónica de Ames é un proxecto posto en marcha polo Concello de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol). Algún dos seus obxectivos son minorar o lixo electrónico, aumentar a vida útil destes aparellos e reducir o seu consumo. Este proxecto botou a andar no pasado mes de maio. O primeiro obradoiro realizouse en xullo para a reparación e reciclaxe de altofalantes. Agora, comezan os obradoiros do segundo semestre deste ano cun taller de posta a punto, reciclaxe e instalación do teu computador.

Esta actividades realizarase este sábado, 17 de setembro, en horario de mañá de 11:00 a 13:30 horas, na oficina están situada no antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8. Está dirixido a persoas que queiran aprender a instalar un sistema operativo libre, navegador, suite ofimática, reprodutor de audio e vídeo, programa de edición de imaxes dixitais, etc. A posta a punto dun computador resulta fundamental para que poidas traballar de forma eficiente e sen necesidade de gastar grandes cantidades de diñeiro.

Un dos puntos que vai marcar a diferenza respecto á fluidez e á optimización dos procesos e tarefas é a elección dun bo software que se adapte as necesidades e preferencias de cada usuario/a. O primeiro que hai que facer é elixir un navegador e isto vai influír e moito no rendemento do computador. As persoas que queiran participar poden confirmar a súa asistencia premendo nesta ligazón.

Entre os obxectivos da Oficina de Voluntariado informático de software libre de Ames, xunto co seu Banco de reciclaxe electrónica, está reducir a fenda dixital para os colectivos vulnerables e minorar o lixo electrónico no municipio. A Oficina de Software Libre centrará as súas actividades en divulgar as novas tecnoloxías en software libre entre os grupos sociais menos favorecidos.

Neste senso, actuarase dende o Banco de reciclaxe, onde se recollen equipos electrónicos doados por persoas ou institucións que xa non os usan e que poidan seguir sendo operativos para persoas con menos recursos, e dende a Oficina de software libre, que divulgará sobre novas tecnoloxías, resolvendo dúbidas e dando cursos de formación e actividades de alfabetización dixital.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Enseñarán a reutilizar y poner a punto viejos ordenadores y equipos maianos"

AMSGO!: "O Banco de reciclaxe electrónica de Ames organiza un taller para a posta a punto, reciclaxe e instalación do teu computador"

Cartaz Ponlle fin á fenda dixital

Multimedia

  • Cartaz do taller para a posta a punto, reciclaxe e instalación do teu computador