Solapas principales

O atletismo amesán acada bos resultados no campionato de España sub20 celebrado en Albacete

Lunes, 20 de julio de 2026

Os tres atletas amesáns participantes no campionato de España sub20 celebrado en Albacete esta pasada fin de semana acadaron uns resultados substanciais en cada unha das probas nas que competiron. Deste xeito, María Estévez da Sociedad Gimnástica de Pontevedra; Nico Collazo; Lucas Pena, tamén da Sociedad Gimástica de Pontevedra; e Nico Collazo, do Ames atletismo Savante, regresaron de terras manchegas con boas sensacións logo da súa participación na competición estatal.

Deste xeito, o mellor clasificado foi Nico Collazo, quen obtivo unha medalla de bronce na proba de 5.000 metros Marcha masculino, cun tempo de 20:15.65 minutos. O atleta amesán chagaba ao campionato de España como o líder español, cun tempo de 20:02.46 minutos acadado o pasado 20 de xuño en Pereiro de Aguiar. 

Moi valiosa foi tamén a quinta posición obtida por María Estévez na proba dos 3.000 metros Obstáculos feminina. María Estévez, que malia a súa corta idade xa é unha atleta máis que contrastada, conseguiu un tempo de 11:12.37 minutos. Un logro que se suma a todos os obtidos durante esta tempada, onde destaca a medalla de ouro no campionato de España de campo a través. 

No caso de Lucas Pena, que de igual maneira que María Estévez compite na Sociedad Gimnástica de Pontevedra, obtivo unha marca de 10:12.30 minutos na proba dos 3.000 metros Obstáculos masculina, o que lle valeu para conseguir unha valiosa decimosexta posición na final do campionato español. 

Un total de 830 atletas nados entre 2007 e 2008 participaron durante estes dous días no Campionato de España Sub-20 de atletismo ao aire libre, no Estadio Universitario de Albacete. A competición máis importante desta categoría no calendario nacional disputouse en terras manchegas baixo a organización da Real Federación Española de Atletismo, en estreita colaboración coa Federación de Atletismo de Castela A Mancha, o Instituto Municipal de Deportes e o Concello de Albacete. 
 
Campionato de Galicia sub20 
Por outra banda, cómpre destacar os bos resultados obtidos polos tres atletas de Ames nos campionatos de Galicia sub20, que se disputaron no complexo lúdico-deportivo de Monterrei, en Pereiro e Aguiar, os días 20 e 27 de xuño.

O pasado 20 de xuño, Nico Collazo, acadou a medalla de ouro, cun tempo de 20.02.46, na proba masculina de 5.000 metros marcha, mentres que o 27 de xuño, María Estévez gañou a medalla de ouro, cun tempo de 2.14.43, na proba feminina de 800 metros, e Lucas Pena foi segundo logrando a medalla de prata, cun tempo de 1.55.73, nesta mesma proba de 800 metros na categoría masculina. Os tres atletas de Ames acadaron a súa mellor marca persoal nos campionatos de Galicia sub20. 

O atletismo amesán acada bos resultados no campionato de España sub20 celebrado en Albacete

Multimedia

  • O atletismo amesán acada bos resultados no campionato de España sub20 celebrado en Albacete
  • O atletismo amesán acada bos resultados no campionato de España sub20 celebrado en Albacete