Solapas principales

O artista e ilustrador italiano, Piero, escolleu o parque do Ameneiral para facer un mural

Martes, 27 de julio de 2021

O parque do Ameneiral vaise converter no taller do artista italiano dende esta tarde. Ao longo de tres días o artista e ilustrador italiano vai realizar un encargo para un comercio amesá. O artista quere deste xeito visibilizar o seu traballo e ao mesmo tempo engadir un atractivo a esta fermosa contorna do Concello de Ames.

Piero coñeceu a beleza do parque do Ameneiral cando veu expoñer os seus traballos na I Feira de san Xoán organizada por XEA. Cando recibiu o encargo de pintar un mural para un comercio do concello non dubidou en solicitar permiso para instalar o seu taller no propio parque.

O artista vai comezar a súa obra esta mesma tarde. Piero vai pintar unha paisaxe mariña, inspirado no libro italiano “As cidades invisibles”. Desta volta será o pincel e a acuarela os que acompañen ao artista na súa faceta de contar historias.   

Paseantes e curiosos poderán dende hoxe e ata o xoves gozar do traballo do artista e ver a evolución desa paisaxe mariña.

Novas relacionadas:

Revista AmesGO: "O parque do Ameneiral convértese nun obradoiro de pintura a cargo do artista Piero"

Ilustración do artista italiano Piero

Multimedia

  • Ilustración do artista italiano Piero
  • Ilustración do artista italiano Piero