Solapas principales

O Apalpador agasallou aos nenos e nenas de Ames con contos, cantos e árbores

Jueves, 17 de diciembre de 2020

O Apalpador estivo a semana pasada no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ata onde se achegaron máis de 500 persoas repartidas en seis sesións. A figura galega do Nadal, interpretada por Anxo Moure, contou contos, cantos e repartiu árbores do Courel para que despois, os nenos e nenas, as plantaran. Ademais, debido á situación actual derivada da Covid, o Apalpador realizou unha visita virtual ás bibliotecas municipais, ás escolas unitarias do concello e ás escolas infantís do Bosque e a Madalena. 

O contador Anxo Moure encargouse de poñerse na pel do Apalpador e de conducir as seis sesións con cantos e contos que se realizaron a semana pasada. A visita celebrouse no patio do Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ata onde se achegaron 500 persoas dende ás 16.000 horas até as 21.00 horas do venres. 

Nesta actividade, pertencente ao programa Apego, o Apalpador explicoulles aos nenos e nenas de Ames a súa orixe e pediulles ás persoas asistentes que coiden o medio ambiente. 

Por este motivo, repartiu diferentes árbores entre o/as asistentes. Castiñeiros, loureiros, acivros, érbedos, aciñeiras, sobreiras e carballos foron entregados para que as cativas e os cativos as planten e coiden, unha metáfora coa se pretende que se sega enchendo de vida a terra e a lingua. Ademais, recolleu as cartas que as nenas e os nenos quixeron deixarlle. Pódense ver as imaxes da visita premendo nesta ligazón.

Visita virtual do Apalpador

Debido á situación actual provocada pola pandemia da Covid-19, decidiuse que este ano o Apalpador fixera visitas virtuais entre os centros educativos do concello de Ames. 

Deste xeito, os nenos e nenas das escolas unitarias de Ortoño e Covas, das bibliotecas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro e das escolas infantís do Bosque e da Madalena, puideron reunirse de xeito telemático co Apalpador.

Visita do Apalpador.

Multimedia

  • Visita do Apalpador.
  • Visita do Apalpador.
  • Visita do Apalpador.
  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for