Solapas principales

O amesán Pedro Fanego proclamouse campión da Liga Galega de Escalada 2025 na categoría de Cadete

Martes, 08 de julio de 2025

A pasada fin de semana do 21 de xuño, celebrouse a cuarta e derradeira xornada da Liga de Escalada promoción de Galicia 2025, unha competición na que o veciño de Bertamiráns, Pedro N. Fanego Abraira, conseguiu acadar o título de campión na categoría de cadete. 

A Liga Galega de Escalada 2025 puxo o seu broche final o pasado 21 de xuño coa derradeira proba da competición que se disputou na cidade de Ourense. O amesán Pedro Fanego rematou a cita como primeiro clasificado, o que lle permitiu proclamarse finalmente como campión de liga na categoría de cadete. 

Fanego finalizou as catro probas das que constaba a liga, e que se disputaron entre os meses de abril e xuño, como primeiro clasificado. 

O amesán adestra na Asociación de Montañeiros Independentes (AMI) da Coruña dende setembro de 2024, club que acadou o primeiro posto como Mellor club da Liga Galega de Escalada nesta temporada. 

O amesán Pedro Fanego proclamouse campión da Liga Galega de Escalada 2025 na categoría de Cadete

Multimedia

  • O amesán Pedro Fanego proclamouse campión da Liga Galega de Escalada 2025 na categoría de Cadete