Solapas principales

O alumnado do Obradoiro de Emprego FORESTAMES-BRIÓN visitou a comunidade de Montes de Baroña

Lunes, 28 de junio de 2021

O/as dezaoito alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego ForestAmes-Brión realizaron unha saída formativa como complemento á formación que dende o mes de setembro están a recibir sobre “Repoboacións Forestais e tratamentos silvícolas”. Nesta ocasión achegáronse a Porto do Son para coñecer os traballos da Comunidade de Montes de Baroña, unha comunidade punteira na explotación e aproveitamento do monte.

Ao longo da visita os dezaoito alumnos do obradoiro percorreron as repoboacións forestais realizadas pola  Comunidade de Montes de Baroña, achegáronse aos traballos silvícolas e de defensa contra incendios realizados nos montes da parroquia soense, visitaron a explotación silvopastoral e gandeira da comunidade e, para rematar, coñeceron de primeira man o labor de aproveitamento de resina que están a realizar os comuneiros.

Esta é a segunda formativa dos alumnos do Obradoiro ForestAmes-Brión.

Obradoiro de Emprego ForestAmes-Brión

O obradoiro dual de emprego promovido polo Concello de Ames en colaboración co Concello de Brión é un programa de formación e emprego en que os traballadores/as desempregados/as reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo de actividades de utilidade pública.

Os alumnos levan dende o mes de setembro recibindo formación específica sobre o certificado de profesionalidade oficial denominado “Repoboacións Forestais e tratamentos silvícolas” e realizando traballos de xestión dos montes en ambos os dous concellos.

Ao longo da formación van limpar e acondicionar 32 quilómetros de camiños e repoboar 32 hectáreas de monte, para o que van empregar 8000 plantas frondosas autóctonas.

ForestAmes-Brión

Multimedia

  • ForestAmes-Brión
  • ForestAmes-Brión
  • ForestAmes-Brión
  • ForestAmes-Brión