Solapas principales

O alumnado da EMMA participará en cinco audicións abertas ao público antes dos festivais de Entroido

Miércoles, 24 de enero de 2024

O alumnado da Escola Municipal de Música celebrará entre o vindeiro mércores, día 31, e xoves 8 de febreiro, unha serie de cinco audicións nas que amosarán os coñecementos adquiridos durante o primeiro semestre de clases. Deste xeito, o alumnado de guitarra, percusión, saxofón, piano, canto e frauta poderá compartir unhas xornadas festivas con compañeiros, amizades e familiares, previas aos concertos de Entroido. As audicións terán lugar nas propias instalacións da EMMA, en Aldea Nova, a partir das 17:30 horas.

Como vén sendo habitual, os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Ames participarán a vindeira semana en diversas audicións como preámbulo dos concertos de Entroido. Nelas interpretaranse pezas de estilos musicais moi variados a través das que poderán amosar os seus avances. O acto será aberto ao público, co obxectivo de que se desenvolva nun ambiente familiar e o máis distendido posible.

As audicións terán lugar nas propias instalacións da EMMA, sempre en horario de tarde. Os encargados de inauguralas serán os alumnos e alumnas de guitarra, o mércores 31, ás 17:30 horas. A semana seguinte, será a quenda do alumnado de percusión, que actuará o luns 5 de febreiro ás 18:30 horas. O martes 6 de febreiro actuarán os rapaces e rapazas de saxo e piano (ás 18:00 horas) e saxo (ás 19:00 horas).

Para finalizar, o xoves 8 de febreiro terá lugar a exhibición do alumnado de canto e frauta, que actuará ás 18:00 horas.

O alumnado da EMMA participará en cinco audicións abertas ao público antes dos festivais de Entroido

Multimedia

  • Cartaz das audicións da EMMA