Solapas principales

O alumnado da EIM A Madalena recibe a visita do persoal do GES de Brión e da Agrupación de Protección Civil de Ames

Viernes, 20 de mayo de 2022

Algúns dos bombeiros do GES de Brión e persoal da Agrupación de voluntarios/as de Protección Civil do Concello de Ames visitaron ao alumnado da Escola Infantil Municipal A Madalena, do Milladoiro. Desta forma puideron explicarlle ao alumnado de 2 a 3 anos en que consiste o seu traballo. Os nenos e nenas puideron subir no camión de bombeiro e no vehículo de intervención rápida de Protección Civil. Esta actividade enmárcase dentro do programa "Coñecendo o entorno máis próximo”. Na escola tamén están traballando coa unidade didáctica dos oficios.

Dar a coñecer aos máis pequenos o seu entorno inmediato de forma que poidan desenvolverse no seu día a día e aprender sobre aquilo que teñen máis próximo son os obxectivos do programa "Coñecendo o entorno máis próximo". A Escola infantil municipal A Madalena continúa desenvolvendo dito programa e nesta ocasión visitaron a escola os bombeiros do GES de Brión e dous membros da Agrupación de voluntarios/as de Protección Civil do Concello de Ames.

Deste xeito, o alumnado de 2 a 3 anos da EIM A Madalena puido coñecer o traballo que realiza o persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Brión, cuxos membros lles mostraron o camión de bombeiros, o funcionamento da mangueira coa que apagan os lumes, os cascos que deben utilizar cando teñen que atender algunha chamada e en que consisten as súas funcións. Tamén lles explicaron as distintas partes que compoñen o uniforme dun bombeiro.

Na segunda parte da visita foron dous membros da Agrupación de protección Civil do Concello de Ames os que falaron coas nenas e nenos. Ademais de falarlles do seu traballo, ensináronlle o vehículo que empregan para realizar tarefas rápidas. Este vehículo emprégano para vixiar os camiños de Santiago ao seu paso por Ames, realizar labores de asistencia en diferentes eventos municipais, especialmente no rural, e atender calquera emerxencia en zonas de acceso complicado. Os nenos e nenas puideron subir neste vehículo.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Acercan las emergencias a alumnos de Milladoiro"

Enfoques: "Los más pequeños de O Milladoiro aprenden sobre el GES de Brión y Protección Civil de Ames"

O alumnado da EIM A Madalena recibe a visita do persoal do GES de Brión e da Agrupación de Protección Civil de Ames

Multimedia

  • O alumnado da EIM A Madalena recibe a visita do persoal do GES de Brión e da Agrupación de Protección Civil de Ames