Solapas principales

O alumnado da EIM A Madalena recibe a visita da Policía Local e visita a cidade de Compostela

Viernes, 01 de julio de 2022

Os nenos e nenas da escola infantil municipal A Madalena adicaron as últimas semanas a estudar os distintos oficios. Para ver como se desenvolven algúns dos oficios que trataron nas aulas, recibiron a visita de tres axentes da Policía Local de Ames. Ademais, tamén foron de excursión á cidade de Santiago de Compostela, onde viron a catedral e realizaron unha visita no tren turístico polos parques da cidade. Estas actividades enmárcase dentro do programa "Coñecendo o entorno máis próximo”.

Dar a coñecer aos máis pequenos o seu entorno inmediato de forma que poidan desenvolverse no seu día a día e aprender sobre aquilo que teñen máis próximo son os obxectivos do programa "Coñecendo o entorno máis próximo". A Escola infantil municipal A Madalena continúa desenvolvendo dito programa e nesta ocasión visitaron a escola os axentes da Policía Local de Ames.

Deste xeito, o alumnado de 2 a 3 anos da EIM A Madalena puido coñecer o traballo que realiza o persoal da Policía Local de Ames, que trouxeron dous dos seus vehículos, no que as nenas e os nenos se puideron montar. Os/as axentes do corpo de seguridade amesá explicáronlles cales son as súas tarefas e que material empregan para desenvolver o seu traballo. Esta visita enmarcouse no mes dos oficios que estiveron estudando previamente nas aulas.

Por outra banda, o alumnado de 2 a 3 anos participou nunha excursión á cidade de Santiago de Compostela. Alí, os nenos e nenas percorreron os parques da cidade subidos ao tren turístico. Despois, as cativas e cativos fixeron unha parada na praza do Obradoiro, onde foron quen de identificar os distintos edificios que rodean a céntrica praza ata chegar á Catedral.

O alumnado da EIM A Madalena recibe a visita da Policía Local e visita a cidade de Compostela

Multimedia

  • O alumnado da EIM A Madalena recibe a visita da Policía Local e visita a cidade de Compostela