Solapas principales

O alcalde, José Miñones, realizou unha visita institucional á nova Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño

Sábado, 21 de septiembre de 2019

O alcalde de Ames, José Miñones, vén de manter unha xuntanza coa nova Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, na que a invitou a visitar o concello de Ames. Nesta reunión tamén se tratou o tema da accesibilidade no que o Concello está a realizar un importante investimento nestes últimos anos e trasladáraselle unha planificación dos proxectos que se pretenden executar nesta materia de cara aos vindeiros anos.

O Pleno do Parlamento de Galicia nomeou a finais do pasado mes de xullo á maxistrada María Dolores Fernández  Galiño como nova  Valedora  do  Pobo, en substitución de Milagros Otero. Tras dito nomeamento dende o Concello de Ames solicitaron unha xuntanza con Fernández Galiño, que tivo lugar a semana pasada.  

A visita serviu para darlle a benvida ao cargo e establecer criterios comúns nas relacións institucionais. O alcalde no pasado xa fixo unha visita á anterior valedora, Milagros Otero, así como co anterior Valedor do Pobo, José Julio Fernández, de cara a manter unha boa relación entre ambas institucións. A nova valedora, María Dolores Fernández Galiño,  trasladou as felicitacións polo bo traballo que se está a facer desde o Concello de Ames.

O rexedor municipal invitou á Valedora do Pobo para que cando poida realice unha visita ao concello de Ames. Na reunión tamén se tratou o tema da accesibilidade no que o Concello está a realizar un importante investimento nestes últimos anos e trasladáraselle unha planificación dos proxectos que se pretenden executar nesta materia de cara aos vindeiros anos.

O alcalde realizou unha visita institucional á nova Valedora do Pobo