Solapas principales

O alcalde de Ames e a concelleira de deportes visitan as instalacións da piscina A Telleira e campo de fútbol de Bertamiráns

Viernes, 21 de agosto de 2020

O alcalde de ames, José Miñones, e a concelleira de Deportes, Susana Señoris, visitaron esta mañá as instalacións do  Centro Deportivo Municipal da Telleira onde comprobaron as adaptacións que se fixeron para cumprir as esixencias hixiénicas e sanitarias que implica a loita contra a COVID19. Reforzo de limpeza, toma de temperatura, renovación constante de aire, puntos de desinfección, horario preferente para maiores de 65 e control de aforamento son algunhas delas.  Após, o alcalde e a concelleira achegáronse ao campo de fútbol de Bertamiráns, no que se está a rematar a obra da substitución do céspede artificial do campo. O arquitecto do proxecto e o director de obra explicaron as melloras que se están levando a cabo a nivel de drenaxe do campo, novas luminarias e novos asentos sobre gradas.

Esta mañá o alcalde de Ames, José Miñones e a concelleira de Deportes, Susana Señorís, visitaron as instalacións do centro deportivo A Telleira, onde esta a piscina cuberta municipal,   acompañados do seu director Carlos Amado.

Medidas de seguridade no Centro Municipal de A Telleira
O Centro Deportivo Municipal da Telleira, permaneceu pechado máis de tres meses ao público como consecuencia da declaración do Estado de Alarma pola COVID-19, e procedeu a súa reapertura o 22 de xuño, coas debidas garantías de saúde, seguridade e benestar

As instalacións foron adaptadas para dese xeito dar cumprimento a todas as esixencias  establecidas polas autoridades sanitarias e ademais puxéronse en marcha unha serie de  protocolos propios para que as actividades puidesen ser desenvoltas coa máxima seguridade.

Entre as medidas aplicadas, destaca o reforzo en hixiene, limpeza e desinfección, a toma de temperatura no acceso, a renovación constante de aire e a desinfección continua de filtros de ventilación, os puntos de desinfección de calzado e mans, o horario preferente para maiores de 65 anos ou o control de aforo para poder respectar sempre a distancia de seguridade mínima entre usuarios. Para consultar todas as súas medidas, BeOne habilitou a páxina web www.beone.es/volvemos-gal.

Na zona de auga, tanto en piscinas como spa, reforzáronse ao máximo as medidas de desinfección e limpeza e contrólanse exhaustivamente os parámetros técnicos nestes espazos.

Ademais , todo o persoal do centro recibiu formación en medidas de seguridade COVID-19 e en áreas específicas tanto técnicas como comerciais co fin de poder ofrecer aos abonados unha gran experiencia deportiva.

A concelleira de deportes, Susana Señorís, valorou positivamente a totalidade de medidas establecidas polo centro deportivo, que permitiron que as persoas abonadas puidesen voltar de xeito seguro a realizar deporte na Telleira.

Melloras no campo de fútbol de Bertamiráns
Por outra banda o alcalde de Ames e a concelleira de deportes, tamén se achegaron nesta mañán ao campo de fútbol de Bertamiráns, no que se está a rematar a obra da substitución do céspede artificial do campo. Na visita estivo o arquitecto do proxecto e o director de obra da empresa adxudicataria Prace, que explicaron o desenvolvemento das obras  e melloras que levadas a cabo ata o día de hoxe, posto que previa a instalación do céspede procedeuse a revisión  do sistema de drenaxe do campo, instaláronse novas luminarias e tamén novos asentos sobre gradas.

O convenio para co-financiar ditos traballos foi aprobado o pasado 13 de setembro no pleno da Deputación da Coruña. A Deputación achegará o 80% da contía total, 285.906 euros, mentres que o Concello de Ames porá o 20% restante, 71.397 euros.

Señorís, concelleira de deportes, amosou a súa satisfacción polo desenvolvemento dunhas obras tan necesarias e demandas. Así mesmo anunciou que estas instalacións en breve se poñerán en funcionamento e permitirán que os amesáns conten cunhas instalación renovadas e melloradas.

Alcalde e Concelleira de deportes visitando a Telleira

Multimedia

  • No campo de fútbol de Bertamiráns
  • Novos protocolos de seguridade no Centro Deportivo A Telleira
  • Mellorouse o sistema de drenaxe