Solapas principales

A nutricionista municipal atenderá ao público dentro do plan "Ames Saudable"

Jueves, 14 de enero de 2016

[14-01-2016] A nutricionista municipal atenderá directamente ao público a partir da semana que ven os xoves no Milladoiro e os venres en Bertamiráns en horario de 9:00 a 14:00 horas. A medida forma parte do programa Ames Saudable que puxo en marcha o Concello tras adherirse á Rede de Cidades Saudables. Dentro deste plan esta previsto a posta en marcha dun programa de radio que se emitirá na emisora municipal Ames Radio a partir do mes de febreiro e toda unha serie de accións encamiñadas a ofrecer información e asesoramento sobre hábitos alimenticios e vida saudable aos clubes deportivos de base, aos centros escolares, ás ANPAS e aos coletivos da terceira idade. As consultas para a nutricionista poden solicitarse a través do correo electrónico dietista@concellodeames.org

Invertir en deporte e hábitos saudables é invertir en saúde e, ao mesmo tempo, aforrar en gastos sanitarios", deste xeito se manifesta Luisa Feijó, concelleira de Servizos Sociais, á horta de falar das accións que o seu departamento está programando en torno ao plan "Ames Saudable", ao tempo que suliña que ningún colectivo de idade quedará sen atender a través desta iniciativa.

A primeira medida é a abrir de novo ao público o servizo personalizado da nutricionista municipal. Rosana Martínez atenderá os xoves na Casa da Cultura do Milladoiro e os venres no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, en ambolos dous casos en horario de nove a 14 horas. Todos aqueles veciños e veciñas que desexen unha cita poden solicitala a través do correo electrónico dietista@concellodeames.gal

Ademais desta atención directa que se ofrecerá ao público a través de consultas personalizadas, Rosana Martínez recuperará tamén, a partir do mes de febreiro, un espazo sobre nutrición na emisora municipal Ames Radio.

Por outra banda, o programa ofrecerá aos clubes deportivos de base obradoiros e charlas sobre habitos saudables e nutrición e, a través do departamento de deportes fará de enlace cos clubes para escoitar as súas demandas e ofertarlles charlas, información e obradoiros de nutrición pensados para os máis pequenos.

Tamén nos centros escolares preténdese ofertar este mesmo tipo de asesoramento, sumado a un contacto directo cos pais e nais a través das ANPAS. Compre salientar que estas medidas nos institutos farán fincapé nos trastornos alimenticios máis frecuentes na poboación deste rango de idade.

O departamento, a través deste programa, está traballando tamén para ofrecer aos colectivos da terceira idade charlas específicas para que as persoas maiores teñan información sobre os alimentos e o xeito de cociñar específico para cada problema ou doenza desas idades.

Ames é dende este mes de xaneiro unha das 146 Entidades Locais que representan a 17.350.000 habitantes adscritas á Rede de Cidades Saudables. A solicitude de adhesión fora solicitada en pleno ordinario no mes de setembro e aprobada por unanimidade.

Contido relacionado


El Correo Gallego:"Nutricionista para todos e invitación para ponerse en forma gratis en A Telleira"